Vieiros Crónicas desde a India

CONTACTA CON VIEIROS
NOVAS
HOXE AO COMPLETO
OPINIÓN
NO ESCÁNER
GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
ALGO ESPECIAL
ANTERIORES
COMUNIDADE
AXENDA
CHAT-CHAT-CHAT  
FOROS
ENQUISAS
POSTAIS
TENDA
LIGAZÓNS
BUSCADOR
NOVIDADES
TOP100
DOSSIERS
PUBLICIDADE
QUE É VIEIROS

 

Crónicas desde a India

Premendo na portada poderás descargar e ver o libro en formato PDF (4,5 MB)

María Reimóndez traballa desde hai dez anos nun proxecto de desenvolvemento na cidade de Tiruchy, no sur da India. Crónicas desde a India é o resultado das colaboracións literarias realizadas por María Reimóndez durante a súa última estadía alí nos pasados meses de xullo, agosto e setembro.

O lector ou a lectora que se achegue a estas Crónicas desde a India de María Reimóndez apreciará que están escritas desde o pouso que se xera na experencia re-vivida, desde o esforzo persoal por revisar criticamente os prexuízos e as categorías que nos impiden non só observar o mundo tal como é, senón participar activamente na creación doutro estado de cousas posíbel. Esa nova mirada permítelle a María transmitirnos a súa experiencia desde unha profunda subxectividade.

Vieiros ofrece por xunto todas as súas colaboración neste libro dixital nacido dunha solidariedade trenzada na rede.



María Reimóndez Meilán naceu en Lugo en 1975 e é tradutora e intérprete de profesión. O seu primeiro libro publicado é Moda Galega (Edicións Positivas, 2002) e no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo polo obra O Caderno de Bitácora (Edicións Positivas, 2004).
Ademais é fundadora e presidenta da organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento Implicad@s no Desenvolvemento, que leva traballando desde o ano 1998 en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurábel na India e Etiopía.

© Vieiros