Edición xestionada
por Ester Vázquez
e Luís Teira de
edugaliza

Nº 4 Maio de 2005
Contacto

Anteriores: Nº 3, Nº 2
Nº 1, Nº 0

DJ

O hiphop

O hiphop é un movemento cultural nacido a finais dos 70 e comezos dos 80 en barrios marxinais de Estados Unidos. Nel conflúen diferentes manifestacións como o break dance, o graffiti, o rap e os DJ. Existe unha certa tendencia social a relacionar este tipo de música con persoas marxinais e conflitivas, o que en moitos casos dificulta o coñecemento e difusión deste estilo musical e cultural.

 

Os especialistas afirman que o hiphop ten unha orixe africana. Porén, na Galiza, podemos atopar un precursor deste fenómeno de canción improvisada, de rima sinxela e temática social nas regueifas.

graffitiUsualmente asóciase o termo a un estilo musical, non obstante, trátase dun movemento moito máis amplo que abarca outras manifestacións artísticas como o graffiti, o break dancing, o DJ e o rap.

Mentres un ou varios DJ pinchan a base musical do espectáculos, o MC. ou cantante rapea e anima ao público cos seus temas. Ao redor do rapeiro poden estar bailando varios breakers. Nalgúns casos este espectáculo vese complementado coa realización, in situ, de graffitis.

O graffiti é a expresión plástica máis representativa do hiphop, e pódese entender como tal dende a sinatura ou tag do autor ata un mural de gran formato.

 

Dios Ke Te Crew

En Galicia a cultura hiphop é un fenómeno emerxente, con formacións como Díos Ke Te Crew, nacida en Ordes e que dá cabida ás diferentes disciplinas do hiphop.

Os Master of Ceremony, ou M.C., antigamente eran os que animaban as festas hiphop. Agora úsase para referirse aos rapeiros.

 

Break

... o tagging consiste en ir asinando, ben cun rotulador ou ben cun esprai, o nome do propio autor.

... as regueifas consisten en batallas verbais rimando, onde os regueifeiros se meten o un co outro?.

... a cadea de comida rápida MC’Donalds pagaba aos músicos de hiphop por incluír o nome dos seus productos nas letras?

 

- Mira algúns graffitis pintados en Vigo

- Aquí hai graffitis pintados en Ordes

- Coñece algún dos grupos galegos nesta tendencia musical

- Nano 4814 é un graffiteiro vigués

- El Crawler graffitis dende Galliza

- A historia do hiphop vista polo alumnado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces

- Pinto d'Herbón e Luís Caruncho son dous dos máis famosos regueifeiros do país

- Unha reportaxe sobre Dios ke te Crew