Edición xestionada
por Ester Vázquez
e Luís Teira de
edugaliza

Nº 3 Maio de 2005
Contacto

Anteriores: Nº 2
Nº 1, Nº 0

Airbus

O Transatlántico do aire

"Condúcese como una bicicleta, aínda que é moi grande", esas foron as primeiras palabras que pronunciou un membro da tripulación do avión de pasaxeiros máis grande xamais construído: o Airbus 380. Fabricado por Alemaña, Francia, Gran Bretaña e España para o consorcio de empresas europeo Airbus.

 

A pista de despegue que se utilizou para probar o A-380, foi a mesma que en 1969, se usou para probar outro mítico avión: o Concorde tamén ensamblado en Francia.

Interior do avionAínda que o avión de carga máis grande construído ata a data é o Antonov 225 feito en Ucraína, o A-380 é unha especie de edificio que flota no aire. Ten unha altura de 24 metros, unha lonxitude de 73 metros e unha envergadura de 80 -podes ver nesta imaxe o que ocuparía se aterrase na Praza de María Pita de A Coruña. Nel poden viaxar máis de 800 pasaxeiros, sen ter que tomar terra, durante máis de 13.500 Km - unhas 60 veces a distancia que separa por autoestrada Ferrol de Tui.

Na construción deste xigante, máis concretamente na fuselaxe, participaron 2 empresas galegas situadas no Parque Tecnolóxico de Galiza. Estas, xunto co resto dos construtores, pretenden facer un avión destas características cada semana durante os vindeiros anos.

A primeira compañía que vai ter un A-380 vai ser Singapore Airlines que encargou un modelo de luxo, con camarotes individuais, bares, restaurante, ximnasio e incluso un casino.

 

Deseño do avionAta o de agora os avións de pasaxeiros que lideraban o mercado da aviación civil eran os Boeing 747 fabricados nos Estados Unidos. Prevese que co espallamento do Airbus 380 se inicie unha guerra comercial entre Europa e os Estados Unidos.

O A-380 está deseñado para facer máis cómodos os voos transoceánicos, así como para abaratar os custos de funcionamento.

 

... o piloto lalinense, Joaquín Loriga, foi dos primeiros en voar dende España ata as Filipinas?

...o A-380 consome 3 litros de combustible por cada 100 km e pasaxeiro. Menos que calquera coche?

... o primeiro Airbus, A 300 B, despega en 1967, a raíz dun programa aeronáutico europeo subscrito por Alemaña, Francia e Gran Bretaña?

 

- Fitos da historia da aviación

- Avións comerciais máis destacados na historia

- O aeroporto naci de Castro de Rei na provincia de Lugo

- A-380 na Wikipedia