Edición xestionada
por Ester Vázquez
e Luís Teira de
edugaliza

Nº 2 Abril de 2005
Contacto

Anteriores: Nº 1
Nº 0

A Revolución dos Cravos

Dende 1926 ata 1974 Portugal viviu baixo unha ditadura -a maior parte do tempo liderada por António de Oliveira Salazar- ata que o 25 de abril de 1974 parte do exército sublevouse contra o ditador e, grazas á cidadanía, volveu a democracia na chamada Revolución dos Cravos.

 

Portugal, na década dos anos 70 do século pasado, era un país coas liberdades recortadas -sen liberdade de expresión, de reunión, etc- as cadeas cheas de presos políticos e cun grande atraso económico. Ademais nalgunhas colonias portuguesas (Angola, Guinea, Mozambique) en África desenvolvíanse guerras pola independencia. Estas guerras cobrábanse moitos mortos nos dous bandos. As condicións nas que se vivía unido ás guerras fixo que moitos portugueses fuxisen ao estranxeiro.

fotoFoi unha parte do exército, con ideoloxía de esquerdas, quen o 25 de abril saíu dos cuarteis e tomou os puntos estratéxicos do país coa intención de acabar con aquel réxime que cheiraba a podre. Foron coñecidos como os Capitáns de Abril. O sinal esperado para pór en marcha aquela revolución consistía en esperar a oír a que pola radio soase a canción Grândola Vila Morena de José Afonso.

Os Capitáns pedíronlle ao pobo que permanecese nas súas casas ata que a situación se tranquilizase. A xente desoíu o chamada e saíu ás rúas para mesturarse cos militares sublevados e regalarlle caraveis vermellos en sinal de agradecemento. Xuntos foron cara ao pazo onde se refuxiaba o ditador. En poucas horas o vello réxime ditatorial caía sen que houbese grandes perdas persoais.

 

soldadosNon é frecuente ver na historia como os militares se sublevaban contra o ditador do seu pais. Un destes militares foi Salgueiro Maia.

A Revolución dos Cravos non sería tal se a xente non saíra a rúa e se implicara na caída do réxime. Este gran cambio político pasou a historia por ser dos máis pacíficos e menos traumáticos.

 

... unha ditadura é unha forma de goberno na que unha persoa chega ao máximo poder nun pais sen ser elixido polo pobo?

... os caraveis vermellos e a canción Grándola Vila Morena pasaron á historia como os dous símbolos para referirse ao 25 de Abril?