Edición xestionada por Nova Escola Galega

Nº 18 Novembro 2007
Contacto

A pega

A Pega (rabilonga) é unha das aves mais coñecidas e abundantes en Galicia. Pertence á familia dos córvidos, e é facilmente identificable pola súa plumaxe.

Existe outro tipo de pega, chamada pega marza, coñecida tamén como pega real, pega da fraga e é un pouco máis pequena cá anterior. Recoñécese polo seu corpo rosado e pardo, que contrasta ca súa cola negra.


 

A Pega rabilonga chama a súa atención pola súa plumaxe branca e negra. Ten unha cola moi longa, o que fai que o seu voo sexa descompensado. É característico o seu camiñar a pasiños, que vai alternando con saltos. Mide en torno ós 45 cms. de lonxitude cunha envergadura de 60 cm.

O seu son é moi característico, escóitao na seguinte páxina

Encóntrase distribuída en Europa, en moitas partes de Asia e no noreste de África; tamén hai unha especie moi similar no oeste de Norteamérica.

En España podemos comprobar a súa distribución no seguinte mapa:

Respecto ó seu hábitat, utilizan un amplo número de hábitats para nidificar coa excepción de zonas forestais como por exemplo sotos, setos arborados, parques, frutais, beiras das rúas, zonas de aciñeiras e outros bosques aclarados, en altitudes que oscilan entre a do nivel do mar e os 1.200-1.400 m.

 Vive sedentaria, e constrúe os seus niños con pequenos paus, ás veces cunha pequena cúpula, como se pode observar na imaxe da esquerda.

Pon de 4 a 7 ovos, que incuba a femia durante 3 semanas, e os paxariños comezan a voar aos 27 días.

Con respecto ó patrón social e o seu comportamento, son aves monógamas, e especialmente fóra de temporada de cría bastante sociais, xa que soen durmir en grandes durmideiros comunais e non é difícil ver pequenos bandos alimentándose ou defendéndose de depredadores.

Finalmente, dicir que é un paxaro que ten un gran transfondo mitolóxico na nosa cultura galega, xa que por exemplo está considerado de mal agoiro.

 

A Pega en castelán tradúcese como Urraca, que é o nome que tiña a filla de Alfonso VI, que cando morreu, pasou a ser ela a reina: Urraca de León, polo que España tivo unha reina con nome de páxaro.

O nome de Urraca foi moi habitual na Idade Media, e a súa orixe é un pouco incerta, xa que hai quen di que é de procedencia xermánica. É un nome hipocorístico, que quere dicir "nome cariñoso e aceptado". Ven sendo a equivalencia de María.

A Pega aparece frecuentemente non noso folclore, en refráns como por exemplo: "non hai pega sen mancha negra", "onde a pega ten o ollo, alí ten o seu ovo"… e incluso en cantigas como:

"teño un niñiño de pega
no cañoto dunha xesta,
andiveron as nenas nel
e sobre do caso hai festa "
(Enciclopedia Galega)

"A tradición acusa a pega de non ir de loito rigoroso cando a Crucifixión e ademais suponse que leva unha gota de sangue do demo debaixo da lingua"

"Dise deste paxaro que si atopas un no camiño trae mala sorte. Para contrarrestala hai que dar media volta e desandar o camiño."

Báñanse en charcos, pero procuran protexerse da choiva.

Vaurie (1959) distingue para a Península Ibérica a raza Pica pica melanotos, caracterizada por ter unha lonxitude de ás menor.

A diferencia entre o macho e a femia é case inapreciábel, soamente na lonxitude das alas e a cola nos machos, que é mais longa que nas femias. A diferencia está nun par de centímetros, que non son apreciabeis no campo.

 

... a Pega é unha das aves mais intelixentes, pero ten moi mala fama por estar considerada de mal agoiro

... o seu nome científico é Pica pica

... Dona Urraca de León foi condesa de Galicia e Portugal, como dote do seu pai

... as Pegas senten gran debilidade polos obxectos brillantes, que esconden formando un "tesouro". Aparte de anacos de latas, cristais, etc., pero tamén se encontraron xoias de gran valor nos seus niños

... a pega rabilonga tamén se lle chama pega rabuda, pega preán, pega carniceira, pega porca, pica crega...

... dise que "o emparellamento do macho coa femia é precedido por unha serie de cerimonias colectivas no que o seu significado non se coñece con exactitude, aínda que parece que como ocorre en moitas especies en que non existe un claro dimorfismo sexual, a finalidade de este ritual prenupcial non é outra que vencer a agresividade instintiva de machos e femias. Unha vez constituída a parella, xa non se separan na vida"

... hai exemplos nos retrousos dalgunhas cancións populares inglesas que nos desvelan os presaxios traídos polas pegas que se cruzaban voando. Estas predicións estaban determinadas polo número de pegas que se cruzaran voando.

... se se escoita reboldar unha pega nunha árbore dise que advirte a visita dun estraño

... se unha pega adulta morre en plena primavera, a súa parella únese inmediatamente con outra que case sempre é unha xove que aínda non alcanzou os vintedous meses de vida

... unha pega non é madura ata que cumpre os dous anos, pero moitas xoves xa se emparellan e crían antes

 

- Todo sobre a Pega

- Todo sobre a Reina Urraca de León, condesa de Galicia e Portugal

- Sobre a familia dos córvidos

- Na Enciclopedia Galega sobre a pega

- Acerca do transfondo mitolóxico desta ave.

- Sobre a dieta da pega

QUEN SON AS AUTORAS DESTE TRABALLO

As autoras do traballo son estudantes da Facultade de Educación da USC, da materia Didáctica Aplicada a Educación Secundaria, coordinados polo profesor Xesús Rodríguez:

- Lucía Antelo Amigo
- Alba Blanco Picos
- Isabel Gil Moure
- Miriam Maceira Orge