Edición xestionada
por Ester Vázquez
e Luís Teira de
edugaliza

Nº 1 Marzo de 2005

Anteriores: Nº 0

foto nenas con bandeiras

Día da Muller traballadora

Dende hai uns anos o 8 de marzo ven sinalado no calendario como un día de no que se recordan as desigualdades que siguen sufrindo moitas mulleres do noso país e do mundo. É ademáis un día de reivindicación onde se celebran actos que tentan concienciar a sociedade.

 

Aínda que a lei di que todos somos iguais ante a lei, a sociedade sigue discriminando ás mulleres nalgúns aspectos. Así, o mal trato, a maior dificultade para atopar un traballo, ou as trabas para poder ser nai e traballadora á vez son algúns dos problemas que se plantexan.Ante esto, os colectivos de mulleres saen ás rúas e organizan actos para que se lle dea cumprida solución a todos eles.

Cómpre recordar que no mundo hai 1.300 millóns de pobres, dos cales 7 de cada 10 son mulleres. Nesta liña a chamada cumio do Milenio celebrada na ONU propuxo como obxectivo a lograr antes de 10 anos “promover a igualdade entre os homes e as mulleres e fortalecer a posición das mulleres”.

Según os datos oficias, referidos a Galiza, a Enquisa de Poboación Activa, dinos que o índice de desemprego feminino actual elévase a un 19,1% , mentres que a taxa de desemprego masculino é dun 9,02%. Segundo a mesma fonte os homes cobran como media 8,11 euros por unha hora de traballo, mentres que as mulleres reciben 6,55 euros.

 

mariscadora

Os colectivos de mulleres galegos participan na chamada “Marcha mundial das mulleres” pola que reivindican unha igualdade real entre homes e mulleres de todo o planeta.

Colleuse o 8 de marzo como o día da Muller Traballadora porque, ao redor dese día, en distintos anos, ocorreron varios sucesos relacionados coa loita sindical feminina. Por exemplo 1908, nunha fábrica de Nova Iorque, foron queimadas 129 traballadoras que estaban en folga.

 

...as mulleres galegas tiveron que esperar ata o ano 1933 para poder votar por primeira vez nunhas eleccións?

... a cor violeta é usada polos grupos feministas, xa que esta era a cor da tea coa que estaban traballando as mulleres que en 1908, foron queimadas na súa fábrica?

 

- Orixe do día

- Feminismo

- Informe sobre a situación laboral

- Algunhas mulleres galegas:
- Chus Lago (alpinista)
- Susana Seivane (gaiteira)
- María Lado (poeta)
- Verónica Boquete (futbolista)