Edición xestionada
por edugaliza

Nº 0
Febreiro de 2005

foto

O referendo europeo

O vindeiro 20 de febreiro os maiores de idade deberán achegarse aos colexios electorais para votar no referendo da Constitución Europea. Desta volta non se poderá elixir entre as papeletas dos distintos partidos políticos senón que haberá que dicir si, non ou deixar en branco unha pregunta: Aproba vostede o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa?

O texto da Constitución Europea consta de catro partes:

1ª- Define os valores, obxectivos, competencias, procedementos de toma de decisións e institucións da Unión Europea. Tamén trata dos símbolos, a cidadanía, a vida democrática e as finanzas da Unión.

2ª- Inclúe a Carta dos Dereitos Fundamentais e unha cláusula que permitirá á Unión Europea adherirse ao Convenio Europeo dos Dereitos Humanos.

foto3ª- Describe as políticas e accións internas e externas así como o funcionamento da Unión Europea.

4ª- Fixa as disposicións finais, entre elas a adopción e revisión –posibilidade de introducir modificacións– na propia Constitución.

A Constitución europea comprométese a fomentar, entre outras cousas, unha educación de calidade, o deporte, a mobilidade entre o estudantado e o profesorado, intercambios entre os mozos da Unión, e a mellorar a calidade do ambiente...; con todo, as estas políticas socias vense solapadas pola importancia que se lle dá aos aspectos económicos e monetarios no propio texto.

Aínda que podes atopar o texto da Constitución europea en galego, esta Constitución non recoñece ao galego como lingua oficial da Unión. Tampouco recoñece dereitos ás nacións sen estado tales como poden ser: Bretaña, Escocia, Cataluña ou a propia Galiza.

Durante o proceso de redacción non participaron colectivos sociais, educativos, xuvenís... Foi unha redacción feita nos despachos; é dicir, a sociedade civil non participou activamente da súa redacción.

 

foto

1. Que é unha Constitución?

é unha lei considerada fundamental pola que se rexe un sistema de goberno. Todos os Estados do noso contorno contan cunha Constitución de seu.

Un referendo, que vén sendo?

cando se presenta un tema de especial importancia na sociedade, o goberno pode facer unha consulta directa a través dunha votación nas urnas para que os cidadáns opinen sobre o asunto. Esta posibilidade vén recollida no artigo 92 da Constitución Española.

 

foto

1. Houbo xa outros referendos

Dende a chegada da democracia xa tivemos outros referendos: o da Constitución Española en 1978, o do Estatuto de Autonomía de Galiza en 1980 e mais o da adhesión á OTAN en 1986. Pero xa antes, na Na II República, a principios do século XX, tivemos un referendo sobre o primeiro Estatuto de Autonomía de Galiza.

2. A Unión Europea ten unha longa historia

Logo de ter rematado a II Guerra Mundial fundouse a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA) que foi a precursora da actual Unión Europea.