Edición xestionada por Nova Escola Galega

Nº 21 Xaneiro 2008
Contacto

O Entroido na provincia de Ourense

Na provincia de Ourense contamos cun gran número de festexos de carnaval, dunha gran variedade, e dunha arraigada historia e tradición. Durante moitos anos, no franquismo, e incluso con anterioridade, a Igrexa tampouco os permitía pero coa chegada da modernidade a Galicia, despois da transición, estas tradicións volveron a rexurdir ata o momento, sendo hoxe por hoxe un reclamo turístico nestas datas para cada unha das zonas que oferta este tipo de festexos. Conserváronse no tempo grazas a que perduraban nas sociedades agrarias e socioeconómicas menos desenvolvidas.


 

 En Ourense, o Entroido espállase por diferentes municipios, cada un coas súas propias características. Os máis populares son os do chamado “Triángulo máxico” composto polos concellos de Xinzo de Limia cunha arraigada historia, Laza, e Verín, pero non debemos de esquecernos doutros como son os de Boborás, os de Maceda, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Allariz, Sarreaus, Castro Caldelas, Bande tamén dentro de provincia de Ourense. Todos eles gozan dunha gran oferta nestas datas para que ninguén coñeza o que é o aburrimento, un calendario que recolle tódalas festas nestas datas relacionadas có Entroido na provincia de Ourense.

Por un lado temos é o traxe típico das “Pantallas” en Xinzo. Este consta duns calzóns e camisa branca; na cintura levan un tipo de faixa de cor vermella, e unha capa da mesma cor, e nas pernas unhas polainas negras. Por riba da faixa, levan unhas pequenas campás ou chocas, que fan soar xunto coas vinchas infladas que levan nas mas o mesmo tempo que van correndo polas rúas de Xinzo. A cara lévana cuberta cunha máscara típica da zona, e personalizada.

En Laza, os representantes do Entroido son os chamados Peliqueiros. O seu traxe é moi elaborado e a tradición conta que pasa de pais a fillos, non se pode ser Peliqueiro sendo de fóra. Levan uns calzóns brancos e por riba uns pololos de volantes de encaixes. Levan chocas, para pegarlle a todos aqueles que se lles interpoña no seu camiño, e levántanlles as saias as mulleres. Pódese dicir que é unha tradición moi animalizada.

En Verín podémonos atopar cos“Cigarróns”. Podemos ver como se asemellan os Peliqueiros de Laza na súa forma de vestir; e tamén na forma de celebrar estas festas. Estes parten o domingo corredoiro; é unha festa na que se mestura a música, a tradición, a troula e a boa gastronomía, podendo degustar o “lacón con grelos”, “o cordeiro”, “o cabrito”, “a torta Cigarrón”, “a rosca”...

Outros son os “Boteiros” de Vilariño de Conxo, moi semellantes os de Viana e Manzaneda, de feito denomínanse de igual xeito. O seu traxe é moi peculiar, consta dunha camisa branca cunhas tiras de tea de diferentes cores que van facendo figuras xeométricas, os pantalóns son de cor vermello cuns flocos. A súa máscara está feita de madeira de bidueiro pintada de negro e vermello. Neste concello lévanse a cabo unha serie de actividades para gozar do temo de lecer dun xeito diferente. Ademais de poder degustar uns exquisitos pratos típicos da zona; o mesmo tempo que se pode gozar dos seus encantos naturais.

 

Por outra banda temos aos Vergalleiros de Sarreaus, cuxo Entroido tamén é de moita sona na provincia e fóra dela. A súa máscara é moi significativa, pois diferenciase moi ben das outras, igual que o traxe. A máscara é branca con motivos negros, e cuns adornos cunha especie de cornos sobresaíntes cara a arriba. Neste concello tamén podemos gozar de moi boa comida como é o “porco asado”, especialidade da zona, e de exquisito gusto.

Por outra banda, hai que destacar aos Felos de Maceda, dos que se pode dicir que son os máis ancestrais da provincia, contando cunha gran historia as súas costas. O seu traxe é moi parecido aos dos Peliqueiros en Laza, diferenciándose por exemplo na cor das medias, que neste caso son negras, entre outras. As máscaras son talladas en madeira cocida e lata pintadas, e nunca se lle pode quitar a ningún Felo, nin sequera se lle pode tocar. Este traxe a igual que moitos outros son signo de virilidade e só poden levalos os homes solteiros, antigamente non se lles permitía as mulleres levalos aínda que hoxe por hoxe si as hai.

Tamé en Allariz, podemos atopara un dos entroidos máis coñecidos e característicos da provincia de Ourense. Os seus personaxes principais son os Charrúas, un personaxe un tanto estraño xa que non se atopan antecedentes históricos por escrito. Non teñen un traxe específico como ocorría nos outros concellos. Póñense calquera roupa, pero iso si de moito colorido, chocas, vergallo, e unha monteira ou pelica. Dise deles que ían polos pobos e casas pedindo viño e chourizos.

En Castro Caldelas, tamén teñen moita sona as súas festas de Entroido. O personaxe central son os chamados “Irrios Peliqueiros”. A súa vestimenta difire moito dos anteriores, veste cunha especie de traxe cunha máscara de madeira dun home con barba, e nas mans leva un pau e unha correa de pel de ovella. E como ocorre na maioría dos demais personaxes, o resto da xente debe obedecerlle e gardarlle respecto.

En Bande tamén se celebran esta datas tan sinaladas e importantes na provincia de Ourense, aínda que esta tradición estase aínda a recuperar despois de 60 anos. Os personaxes centrais son os “Troteiros” A súa indumentaria non ten nada de especial, é moi sinxela, uns unha sabana, outros cunha camisa e pantalón branco; unha carauta feita de cartón cunhas campaíñas ao redor, outros tapan a cara cuns tapetes feitos na casa, e uns sombreiros adornados con espellos e postais, para protexerse do mal de ollo. A característica mais especial é que levan un pau na man e vanse metendo cos vellos e mulleres que va atopando no seu camiño.

ACTIVIDADES 

- Entroido nestes Concellos de Ourense dura máis que os propios días de Entroido; en realidade comeza un mes antes, cun amplo abanico de actividades de ocio, un calendario, que segundo a zona poden variar de nome e costume.

- En Laza existe a festa de formiga, de importante tradición neste concello.

- Outras actividades que se levan a cabo nas diferentes poboacións Ourensás. Cada concello oferta unha serie de actividades infantís, desfiles...

- En Bande cóntase cunha serie de actividades a realizar os diferentes domingos anteriores o Entroido e con outras nos propios días de Entroido.

 

- A provincia de Ourense conta cun Entroido moi variado á vez que é único no mundo, onde se mestura a cultura, a tradición, a diversión e a festa atraendo a un gran número de turistas; ademais de ter unha arte culinaria que en poucas zonas se da, sobre todo nestas datas, como son o Lacón con Grelos, a Cachucha, os chourizos, a Androlla, o Cabrito, a Torta Cigarrón, o Roscón, as Orellas ou Flores de Carnaval... sempre acompañadas dos bos viños desta provincia, coma un Ribeiro, ou un mencía ben da Ribeira Sacra ou ben de Valdeorras; que boa falta fan despois de tanta festa.

- Os Cigarróns de Verín, os Peliqueiros de Laza e os Felos de Maceda, son moi semellantes na súa indumentaria, incluso na súa historia e tradición, e na forma de actuar nos días de Entroido, e ben pode ser pola súa proximidade.

- As actividades, ou o calendario que se levan a cabo durante un mes antes das propias datas do Entroido, son practicamente iguais para todos estes concellos, de todas formas cada un ten as súas variantes.

- En Ourense podemos dicir, que existen aínda máis festas de Entroido, pero son menos coñecidas e non están rexistradas nin plasmadas dun xeito tan estendido como as citadas.


 

... as máscaras das Pantallas en Xinzo están feitas de fieltro e cartón.

... en Xinzo colgan un Meco na praza do Concello.

... os Peliqueiros chámanse así porque levan unha pelica de can ou ovella que lles colga como se fose melena.

... o martes de Entroido, el Laza léese o Testamento do Burro criticando o que aconteceu no último ano no Concello.

... o traxe dos Cigarrón de Verín pode chegar a pesar máis de 17 quilos.

... o Entroido en Verín é declarado de interese nacional.

... en Viana nestas datas celébrase a festa da Androlla unha variedade culinaria.

... as máscaras dos Boteiros de Vilariño e Viana están feitas de madeira de bidueiro.

... o báculo que levan os Boteiros significa poder.

... os felos antigamente baixaban da Serra de San Mamede para parodiar e satirizar os señor Feudal

... a orixe das máscaras dos Felos de Maceda provén da época medieval.

... o son das chocas dos Felos de Maceda servía para espantar os lobos no inverno.

... os Charrúas de Allariz, ensuciábanse os zapatos, o que os facían uns personaxes temidos na zona.

... o significado de Troteiro (Bande) ven de trouleo ou trote por las rúas ou camiños.


 

- A tradición do Entroido en Galicia, non é unha tradición que xurdira fai pouco tempo, senón que ten a súa orixe dende tempos moi antigos, e incluso foi unha festa perseguida, porque se consideraba pagán.

- Nestas datas adoitase facer un menú especial nos fogares como son o Lacón con grelos, Cachucha, filloas, orellas de Entroido, cabrito, cordeiro, rosca...

- O Entroido en moitos sitios é coñecido soamente como festivo ó domingo, luns e martes de Entroido, e mércores co enterro da sardiña, pero, en Ourense o Entroido comeza un mes antes.

- A denominación dos personaxes de Maceda, os “Felos” teñen un significado; a súa orixe dise que ven da palabra “mascara”.

- Cada Entroido comeza máis ou menos nas mesmas datas, un mes antes dos propios días de Entroido, pero en Bande, comézase antes, en Decembro.

QUEN SON OS AUTORES DESTE TRABALLO

- Feijoo Varela, Cristina
- González Rocha, Silvana
- Lamas Álvarez, Rita
- Serra Vaz, Alejo

Alumnos de 3º de Pedagoxía de "Didáctica Aplicada á Educación Secundaria"- Facultade de Ciencias da Educación. Santiago de Compostela. Coordinados polo profesor Jesús Rodríguez Rodríguez.