Vieiros
Canal Seleccions
« Seleccións

Rugbi

Selección Galega de Rugbi

Selección Galega de Rugbi

O caso do rugbi é distinto. A selección galega existe desde 1982, ano no que se constituíu a federación galega. "Somos o único deporte onde as seleccións xogan fóra de España representando ás autonomías", di o presidente do rugbi galego, Manuel Espiña. O rugbi é un deporte de gran tradición nos países pequenos, e o campionato de rexións, subvencionado pola UE, é unha oportunidade para Galiza. Espiña matiza que o orzamento necesario "aínda está por conseguir". Nestes intres, a selección galega vai de primeira na liguiña do campionato de seleccións territoriais, que se desputa coma o Seis Nacións. "Poderiamos ser segundos como mal maior, e o ano que vén xa sería posíbel xogar o campionato de rexións. Galiza está aí". Espiña celebra o nacemento da selección de fútbol galego profisional, pero reclama "igualdade de condicións para todas as seleccións". En Galiza coexisten 56 federacións deportivas.

Dalles animos!!

A seleccion convocada