Fernando Vázquez debe ser o único adestrador galego da historia que non cae totalmente ben nin na Coruña nin en Vigo. Na Coruña, por celebrar ao seu xeito -ás carreiras- os catro goles que lle meteu o Compos ao Dépor de Toshack en 1995, o mesmo Dépor que viña de gañar 7-0 ao Báyern na pretempada. En Vigo, para un pequeno sector de Balaídos -a grada Río Bajo, a segunda máis cara despois de tribuna-, e unha facción da prensa local, Fernando Vázquez é o "adestrador coruñés". E asubíanlle.
(seguir lendo)