Mes Violeta. Queremos poder

Esta campaña pretende facer do mes de marzo un escaparate que visibilice as actividades das creadoras galegas que van converter o mes violeta nunha festa.

Unha festa para a participación social das mulleres galegas, que queremos facer extensiva a todo o ano. O autobús violeta percorre o país levando consigo a festa, a información e a formación para fomentar a toma de decisións das mulleres na vida e na sociedade:

Artistas, poetas, músicas, cómicas, cantantes, investigadoras, actrices, cabareteiras... unha morea de creadoras galegas soben no noso bus para percorrer o país. Un espazo de liberdade, imaxinación e igualdade no que as mulleres se van atrever, poden querer porque tamén queren poder.

Tinguir a ruta de violeta é o obxectivo. Construír no camiño unha estrada cun horizonte amplo á que lle tiramos as barreiras da discriminación.
Violeta, como nós mesmas.

« Volver atrás

Fisuras no cotián
9 narradoras no relato da violencia: Antía Moure, Bárbara Monteagudo, Ana Pillado, Anxos Sumai, Neves Aldara Seara, Maribel Castro, Carme Nogueira Ana Soler e Uqui Permui

Casa da Parra, Santiago de Compostela [marzo / abril 2006]
inauguración 16 de marzo ás 20 h
Comisarios: Chus Martínez Domínguez + Xosé Manuel Lens

A mostra Fisuras no cotián: 9 narradoras no relato da violencia preséntase como resultado, modo e inicio dun proxecto artellado por diversas profesionais galegas do mundo da creación que proxectan a mirada na máis inmediata realidade social, achéganse a unha problemática real citada e denunciada reiteradamente nos últimos anos e desde diferentes esferas. A exposición como feito cultural nace, en primeiro lugar, como resposta a esta tensión social existente na actualidade no referente ás agresións, de drama e tensión exercidas en distintos ámbitos da relación persoal, sobre os que se intentará reflexionar centrándose e definindo o capítulo da violencia no íntimo, no medio familiar, no contorno inmediato, social. A casa, o fogar ou o espazo próximo convértense en escenarios privados para retratar o que denominamos fisuras no cotián, fracturas que se intentan evidenciar a través da ollada creativa e mediante un proceso narrativo baseado no diálogo e na multiplicidade de propostas.

« Volver atrás


Proxección da reportaxe, Ravensbrück: o inferno das mulleres de Montse Armengou e Ricard Belis. 30 minutos

MARCO [Museo de Arte Contemporánea de Vigo]
17 de marzo ás 20 horas

Intervirán a directora Montse Armengou, e Pablo Iglesias Núñez, fillo da deportada en Ravenkbrück, Mercedes Núñez

O inferno das mulleres é unha visita ao campo de concentración de mulleres de Ravensbrück sesenta anos despois do aniversario da súa liberación. Recolle a voz de deportadas de diferentes nacionalidades que retratan o inferno que viviron neste campo de exterminio pensado exclusivamente para mulleres e nenos.

« Volver atrás

Espectáculo teatral Soberanas
Cabaré de cómicas galegas

Cabaré, arte escénica crítica e transgresora coa realidade, na que varias das mellores ou máis representativas cómicas galegas falan delas coma mellor saben: actuando. Patricia de Lorenzo, Iria Piñeiro, Pilar Pereira, Natalia Outeiro "Pajarito", Clara Gayo de Mariclown, Gena Baamonde, Marta Pazos, Emma Silva, Isabel "a Brava", Pepa Yáñez, Anabel Gago, Clara Mari e Ana Carreira Presenta: Paula Carballeira

« Volver atrás

Teatro: Estreas do Centro Dramático Galego
Illa Reunión

A illa Reunión como un espazo mítico, unha illa para atoparnos. A historia pode suceder no noso país, por exemplo, ou nunha illa. Reunión real pero imaxinaria, afastada, inventada para xuntármonos, ese espazo onde cada un procede dun lugar ou é herdeiro dunha historia de viaxeiros. Un lugar que nos permite mudar a nosa imaxe pero levando ás costas todo o pasado, o noso e o herdado.

Textos de Ana Vallés

EQUIPO ARTÍSTICO:
Dirección e dramaturxia: Ana Vallés
Escenografía e iluminación: Baltasar Patiño
Axudante de dirección: Marina Wainer Levy
Elenco de actores: Daniel Abreu, Helen Bertels, Matxalen Bilbao, Xan Cejudo, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Roberto Leal, Marta Pazos, Enma Silva e Sergio Zearreta
Elenco de músicos: Pablo Dopazo, Manuel O. Paino, Hugo Portas e Pablo Santaclar
SALÓN TEATRO.
Santiago de Compostela

Estrea 3 e 4 ás 21 h
e 5 ás 18 h
Todo o mes de marzo [até o 2 de abril] de mércores a sábado ás 20:30 h e domingo ás 18 h

« Volver atrás

A cabana de Babaiagá

Espectáculo de música e narración oral, destinado ao público infantil de entre 6 e 11 anos, para o que se adaptou un conto tradicional ruso a partires do que se fían unha serie de pezas dos máis afamados compositores procedentes do leste de Europa. A historia de Natasha e da bruxa de Babaiagá fálanos doutras terras, doutros costumes e de como a valentía e a loita por romper límites e por se introducir no terreo do descoñecido ten a súa recompensa nunha aprendizaxe que nos permite coñecernos un pouco máis a nós mesmos.


Directora artística/narradora: Paula Carballeira
Director e coordinador musical: Manuel Vázquez
Auxiliar dirección: Txiqui Pereira
Deseño de vestiario: Ruth Díaz
Deseño de escenografía e iluminación: Suso Díaz
Guía didáctica: Nate Borrajo e Pablo Peixe

Músicos
Alfredo Gómez (Galicia): Clarinete; Sasha Safchuk (Ucraina): Viola; Manuel Vázquez (Galicia): Frautas, gaita, xilófono, percusión; Vadim Yujnevich (Bielorrusia): Baian.
  • FERROL
    7, 8, 9 e 10
    [ás 10 e 12 horas]
  • RIBADEO
    14, 15, 16 e 17
    [ás 10 e 12 horas]
  • MONFORTE DE LEMOS
    28, 29
    [ás 10 e 12 horas]


ITINERARIO MES MARZO

Xoves 2 PADRÓN PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA, as 12.00 h.
Conferencia. Pilar García Negro: "Rosalía de Castro: a primeira feminista da nación galega".Casa Rosalía de Castro ás 12.30 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Autoestima e desenvolvemento persoal. Sala de Xuntas do Centro Social do Concello, ás 16.30-19.30 h.

Venres 3 VILAGARCÍA Mercedes Oliveira. "Corpo e autoestima".

Auditorio Municipal ás 19.30 h
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Autoestima e desenvolvemento persoal. Seminario 1. Auditorio Municipal, ás 16.30-19.30 h.
Pasarrúas das 17.30 ás 18 h.

MOAÑA Conferencia. Amada Traba: "A corresponsabilidade para poder participar". Colexio Reibón, ás 19.30 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Comunicación e participación. Colexio Reibón. A Xunqueira, ás 16.30-19.30 h.
Pasarrúas das 12 ás 13 h.

Domigo 5 CANGAS Obradoiro (logo da inscrición no CIM), Comunicación e participación. Aula da Escola de Idiomas. Edificio Xoia. Rúa Andalucía, 3, ás 16.30-19.30 h.

Luns 6 VIGO Conferencia. Evangelina García Prince: "Liderado, autoestima e identidade de xénero". Casa Galega da Cultura, ás 20.15 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Habilidades sociais e asertividade. Local da Federación de Asociación de Veciños «eduardo Chao», Praza da Princesa, ás 16.30-19.30 h.

Martes 7 PONTEVEDRA Conferencia. Evangelina García Prince: "Liderado, autoestima e identidade de xénero", Galería Sargadelos, ás 20.00 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Autoestima e desenvolvemento persoal. Pazo da Cultura, ás 16.30-19.30 h.
Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Xoves 9 LALÍN Conferencia. Amada Traba: "A corresponsabilidade para poder participar". Casa da Xuventude, ás 19.30 h.

Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Habilidades sociais e asertividade. Casa da Xuventude, Pena Torres 2, ás 16.30-19.30 h.
Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Venres 10 O CARBALLIÑO Conferencia. Mercedes Oliveira: "Corpo e autoestima", Casa da Cultura, ás 19.30 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Habilidades sociais a asertividade. Sala de Xuntas do Concello, ás 16.30-19.30 h.
Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Sábado 11 OURENSE Conferencia. Celia Pereira: "A corresponsabilidade para PODER..." Ateneo, ás 19.00 h. Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Autoestima e desenvolvemento persoal. Casa Foro, rúa Capitán Eloi, 20, ás 16.30-19.30 h.

Luns 13 VERÍN Conferencia. Ana Cardoso. "A corresponsabilidade para PODER..." Casa da Cultura, ás 19.30 h.

Obradoiro (logo da inscrición no CIM): Habilidades sociais e asertividade. Casa da Xuventude, Avda. de Portugal, 11 bis, ás 16.30-19.30 h.

Martes 14 O BARCO Conferencia. Celia Pereira: "A corresponsabilidade para PODER..." Edificio de Usos Múltiples na praza do Concello ás 19.30 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM): Comunicación e participación. Edificio de Usos Múltiples, 2º andar, ás 16.30-19.30 h.

Mércores 15 MONFORTE Conferencia. María Garrido: "A corresponsabilidade para PODER..." Casa da Cultura, ás 19.30 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Habilidades sociais e asertividade. Casa da Cultura, sala 3, ás 16.30-19.30 h.
Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Xoves 16 VILALBA Conferencia. Esperanza Castelo: "A corresponsabilidade para PODER..." Salón actos da Casa da Cultura, ás 19.30 h.

Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Habilidades sociais e asertividade. Salón de Actos da Casa da Cultura, ás 16.30-19.30 h. Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Xoves 17 LUGO Conferencia. Coral del Río: "Corresponsabilidade e mercado laboral". Salón de Actos, Caixa Galicia, ás 20.00 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Comunicación e participación. Centros Social Uxío Novoneyra, Sala C, rúa Quiroga Ballesteros, ás 16.30-19.30 h.

Sábado 19 RIBADEO Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Autoestima e desenvolvemento persoal. Casa da Cultura, Rúa Viejo Pancho, ás 16.30-19.30 h.
Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Luns 20 VIVEIRO Conferencia. María Garrido: "A corresponsabilidade para PODER..." Salón de Actos do Club de Xubilados de Caixa Galicia, ás 19.30 h.

Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Autoestima e desenvolvemento persoal. Club de Xubilados de Caixa Galicia, ás 16.30-19.30 h.

Martes 21 FENE Conferencia. Mónica Otero: "A corresponsabilidade para PODER...". Salón de Plenos da Casa do Concello, Avda. do Concello s/n. , ás 19.30 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Habilidades sociais e asertividade. Salón de Plenos da Casa do Concello, Avda. do Concello s/n., ás 16.30-19.30 h).
Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Mércores 22 FISTERRA Conferencia. María Garrido: "A corresponsabilidade para PODER..." Salón Actos do Concello, rúa Calafigueira, ás 19.30 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Comunicación e participación. Salón de Actos do Concello, ás 16.30-19.30 h.
Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Xoves 23 CARBALLO Conferencia. Rosa Cobo: "Os traballos das mulleres". Pazo da Cultura, ás 19.30 h.

Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Habilidades sociais e asertividade. Pazo da Cultura, ás 16.30-19.30 h. Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Venres 24 RIBEIRA Conferencia. María Garrido: "A corresponsabilidade para PODER..." ás 19.30 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Comunicación e participación. Aulas Sociais, rúa Cristóbal Colón, ás 16.30-19.30 h.

Sábado 25 ARZÚA Conferencia. Mª Jesús Olivares: "A corresponsabilidade para PODER..." Rúa Padre Pardo, 33, ás 19.30 h.
Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Comunicación e participación. Centro da Información á Muller, rúa Basilio Carril s/n., ás 16.30-19.30 h.

Domingo 26 MUROS Conferencia. María Garrido: "A corresponsabilidade para PODER..." 19.30 h.

Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Habilidades sociais e asertividade. Centro Social, ás 16.30-19.30 h.
Pasarrúas das 17.30 ás 18.30 h.

Luns 27 A CORUÑA Obradoiro (logo da inscrición no CIM). Autoestima e desenvolvemento persoal. Centro de Información e Atención á Muller, ás 16.30-19.30 h.

Martes 28 A CORUÑA Remate o percorrido VIOLETA na Coruña.
Conferencia. Mercedes Oliveira. "Corpo e autoestima". Fundación Paideia ás 20 h.


« Volver atrás

E ADEMAIS

MONÓLOGOS DA VAXINA
Xoves 2 e venres 3 no Teatro Principal.

MARIANA ABRUNHEIRO EN CONCERTO
Unha revisión creativa do lugar da muller, sinónimo de María. Un concerto no que se evocarán as voces que renderon tributo ao nome de María: Tom Jobim, Vinícius de Moraes, Zeca Afonso, Chico Buarque, João Gilberto, Zeca Medeiros, Máxime Le Forestier, entre outras.

En colaboración con:
Casa das Crechas [mércores 22]
Clavicembalo [xoves 23]
e Bar Liceum O Porriño [venres 24]

Xornada "Mulleres e poderes"
Sábado 4, Santiago de Compostela.