Vieiros Canal Verde
Edición xestionada por Federación Ecoloxista Galega
ed_nomefoto

Vieiros Canal Verde
desde 28/10/99
 FORO

A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta no directorio de Vieiros as páxinas que falan sobre ecoloxía.

 
Luns 26 de febreiro do 2007. Actualizado ás 18:29

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DE ADEGA
As actividades realizaranse nos concello de Brión, Santiago de Compostela, Lugo, Rois ou Carballo
[26/02/2007 18:29] Nos últimos dias de febreiro e nos primeiros de marzo ADEGA vai desenvolver un intenso programa de actividades inscritas nos seus programas de Educación Ambiental. A finalidade das actividades é achegar aos cidadáns diversas problemáticas ambientais mediante diferentes metodoloxías. Continuar


@S GALEG@S PLÁNTANSE CONTRA O LUME
A actividade pretende reivindicar os valores do monte fronte ás chamas
[26/02/2007 14:02] Diversos centros educativos e entidades ecoloxistas celebrarán en diversas localidades do país, mañá, 27 de febreiro, unha plantación humana, seguida dunha plantación forestal, para reivindicar a importancia dos nosos montes e a súa protección logo dos devastadores efectos das chamas. Continuar


A ADMINISTRACIÓN DEBE VELAR POLA PROTECCIÓN DOS ESPAZOS
O CES sinala dous impactos ambientais no río da chanca
[25/02/2007 21:37] O Colectivo Ecoloxista do Salnés puido observar como o río da Chanca que transcorre pola parroquia de Simes (Meaño) está a sufrir dous impactos ambientais debido a dúas actuacións diferentes que están a levar a cabo dúas administracións diferentes. Estas dúas actuacións son: Continuar


OS PARTIDOS DO CONCELLO, APOIARON A INCLUSIÓN DA SERRA NA REDE NATURA 2000
A Asemblea do Suído (FEG) apoia a decisión da Xunta de Galiza de desestimar a construción de tres novos parques eólicos (PPEE) na Serra do Suído
[23/02/2007 11:54] Polo tanto, é completamente coherente que a Xunta de Galiza acceda á nosa demanda e que para preservar os valores ecolóxicos da serra, representados polos hábitats e especies de interese comunitario, desestime a construción de novos parques eólicos, amais de outras actividades que poidan afectar a ditos valores. Continuar


XA SE SOLICITARA REUNIÓNS AO SR. cONSELLEIRO
SGHN oponse ao proecto da mina das Pontes
[16/02/2007 14:49] Dende SGHN reiteramos a nosa oposición ao proxecto de enchido do oco da mina das Pontes, por considerar que non se adapta á lexisación vixente relativa á recuperación de minas, sempre cando con este proxecto non se asegura a viabilidade dun ecosistema capaz de manter unha biocenose de forma sostible. Continuar


XUSTIZA DE DÚAS VELOCIDADES
¿Quen defende o litoral en Cangas?
[16/02/2007 14:21] As asociacións compoñentes do Foro Social de Cangas convocan unha concentración o próximo sábado 17 de febreiro as 17 horas. Continuar


A CARA MÁIS AMARGA DA CAZA EN GALICIA
O Comité provincial de caza de Ourense solicitará ao Comité Galego, que non se cace raposo no mes de febreiro o ano que ven.
[16/02/2007 14:11] A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA puido saber que no comité de caza de Ourense solicitará ao Comité Galego de Caza que na próxima orde de Vedas 07-08, no se estenda a caza de raposo ao mes de febreiro, en calquera das súas modalidades, incluída as competicións. Esta cuestións foi aprobada pola maioría dos asistentes. Continuar


AS PRINCIPAIS ORGANIZACIÓNS GALEGAS O SECUNDAN
28 organizacións piden á Comisión Europea que non de súa aprobación ao Plan Nacional de Asignación 2008-2012
[16/02/2007 00:44] Coincidindo co segundo aniversario da entrada en vigor do Protocolo de Kioto 28 organizacións ecoloxistas e de cooperación ao desenvolvemento remitiu unha carta á Comisión Europea pedindo que non dea a súa aprobación ao Plan Nacional de Asignación de dereitos de emisión para o periodo 2008-2012 de España (PNA 2) sen esixir modificacións. Continuar


¿PARA QUÉ O PLANO SECTORIAL DE PARQUES DE TECNOLOXÍA ALIMENTARIA, RENOVADO?
ADEGA rexeita a declaración de supramunicipalidade das piscifactorías de Quilmas e Baroña á marxe do novo Plano Sectorial
[15/02/2007 21:57] O Consello da Xunta de hoxe, 15 de febreiro, ven de aprobar a declaración de incidencia supramunicipal para os proxectos de piscifatorías de Stolt en Quilmas-Carnota (ampliación) e Baroña-Porto do Son (nova criazón). Esta declaración faise á marxe do novo Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, actualmente sometido a Avaliación Ambiental Estratéxica. Precisamente é esta planificación sectorial a que debe fixar as condicións precisas para a ampliación ou instalación de novas piscifatorías.

Continuar


A FEG PIDE A MEDIO AMBIENTE QUE ACLARE CAL VAI SER O FUTURO DO RÍO EUME
A Consellería precisou en contestación por escrito diante do COGAMA que o proxecto do lago da mina das Pontes conta xa coa respectiva Declaración de Impacto Ambiental e autorización de vertido e captación sobre o Eume
[14/02/2007 17:51] A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente, sobre o reproche feito cara este colectivo no que se referiu á intención da FEG de trasladar a súa queixa á Unión Europea, e onde recriminou que "o normal será que viñeran a falar con nós antes de ir a Europa" . Continuar


VERDEGAIA PROPÓN UNHA RECONVERSIÓN ECOLÓXICA DO TRANSPORTE
O transporte por estrada en Galicia duplicou as súas emisións de gases de efecto invernadoiro entre 1990 e 2004
[14/02/2007 13:47] ). Segundo os datos para Galicia do Inventario de Emisións do Ministerio de Medio Ambiente (MMA), as emisións de gases causantes do cambio climático do transporte por estrada medraron o 96% entre 1990 –ano base do Protocolo de Quioto- e 2004. A estrada supón a maior parte das emisións do sector do transporte, responsable no seu conxunto do 23 % da contribución galega ao cambio climático. A asociación ecoloxista Verdegaia propón iniciar unha reconversión ecolóxica do transporte para axudar a respectar o Protocolo de Quioto e para diminuír os elevados custos ambientais, sociais e económicos asociados ao transporte. Continuar


A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE AÍNDA NON PRESENTOU O PLANO GALEGO DE REDUCIÓN DE EMISIÓNS DE GASES DE EFECTO INVERNADOIRO
Verdegaia demanda á Xunta que corrixa a súa política enerxética para loitar contra o cambio climático
[13/02/2007 19:31] A asociación ecoloxista Verdegaia demanda á Xunta que adapte a súa política enerxética á loita contra o cambio climático. Para iso, debe apostar con forza polo aforro e a eficiencia enerxética, deixar de apoiar as centrais térmicas de carbón e promover máis as enerxías renovables, especialmente nas súas aplicacións máis descentralizadas. Unha nova estratexia enerxética debería ser o eixo central do Plano de Redución de Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), que a Consellería de Medio Ambiente segue sen facer público a poucos días de que se cumpran dous anos da entrada en vigor do Protocolo de Quioto. Continuar


CUALIFICA O PROXECTO DE RECUPERACIÓN DA MINA DAS PONTES COMA A "CIDADE DA CULTURA" LEVADA AO PLANO DA RESTAURACIÓN AMBIENTAL.
A FEG denunciará diante das instancias Europeas que o transvase do Eume deixará durante varios anos un Parque Natural mantido só co caudal ecolóxico e con efectos sobre a ría de Pontedeume.
[13/02/2007 11:38] A Federación Ecoloxista Galega considera que detrás do plan de restauración do burato da mina das Pontes, a converter segundo a publicidade de Endesa nun idílico lago interior, se esconde unha importante tragadeira de cartos públicos de longo percorrido e, en boa medida, subtraídos de futuros fondos destinados á protección medio ambiental. Continuar




Noticias anteriores

 
EN VIEIROS
O Sergas defende o gasto de 650.000 euros en licenzas de Microsoft
Medio Ambiente descarta a incineración para a "segunda Sogama" do sur
Política Lingüística avoga por converter a Xunta nun "axente galeguizador"
Irlanda do Norte decide a composición do seu parlamento
Lalín valora un proxecto para levar internet, telefonía e televisión ao rural
Estamos en obras, desculpen as molestias
Líder curdo á cadea por "respectar" a Ocalan
Hamás promete a fin da violencia se Israel evita o boicot internacional ao novo goberno palestino
Protección Civil activa a alerta vermella nas costas norte e noroeste do país
Homenaxe blogueira a Carlos Casares o 9 de marzo
Unha lei francesa pretende castigar os que difundan vídeos violentos sen ser xornalistas
O Entroido tamén chegou a Terra Santa
Feminino plural, todas as mulleres á escena
Tosar e Piti Sanz presentan o seu grupo en Vigo
A explotación das mulleres do téxtil, na Mariña
Tan só un de cada cinco colexios públicos do país ten nome de muller
Tres culturas unidas pola poesía
O Bloque afirma que os populares amparan o "terrorismo urbanístico"
Xosé Luís Vázquez Somoza leva o Ánxel Fole de narrativa
A clase política homenaxea a Anxo Guerreiro o 14 de abril en Compostela
Todos os colexios galegos a xogar á billarda
Vicepresidencia organiza un programa de concertos para promover a música clásica do país
Seminario de arquitectura sustentábel en Compostela

© Vieiros