 |

 |
Vieiros Ferrol desde 10/10/2001 |
 |
 |
 |
 |
 |
 A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 |
 |
 |
 |
 |
 A información precisa para ter á vista: farmacias de garda, teléfonos e enderezos de interese, etc
 |
 |
 |
 |
 |
 Consulta no directorio de Vieiros as páxinas ferrolás ou que falan sobre Ferrol.
 |
 |
|
 |
| Domingo 04 de marzo do 2007. Actualizado ás 14:05 |
 |
 |
|
SANTIAGO ESTARÁ NO ACTO DO VENRES E DARÁ UNHA CONFERENCIA O XOVES
Todo preparado para a homenaxe a Isaac Díaz Pardo
[01/03/2007 17:09] Xa falta menos para a homenaxe que a asociación cultural Fuco Buxán lle vai render o venres 2 de marzo ao intelectual galego Isaac Díaz Pardo. No acto, que comezará ás sete e media da tarde no Teatro Jofre de Ferrol, estará presente o socio de honra da entidade Santiago Carrillo e ex-secretario xeral do Partido Comunista Español. Como entrante, o día anterior dará unha conferencia en Fene. Continuar
O ACORDO COA UNIÓN EUROPEA, CAUSA DA RETICENCIA ESTATAL
A SEPI considera "irrealizábel" o proxecto do novo estaleiro
[23/01/2007 11:04] A SEPI tachou de "irrealizábel" e "sorprendente" o proxecto de creación dun estaleiro nas instalacións sen uso de Navantia Fene. Segundo a sociedade estatal, o proxecto impulsado por Industria, Barreras, Caixa Galicia e Caixanova incumpre o compromiso acadado coa Unión Europea de que non se acometan nesa planta máis construcións civís até o ano 2015. Dende a SEPI afirman que lles sorprendeu a proposta, a pesar de que o conselleiro Fernando Blanco afirmara que non habería restricións comunitarias por se tratar dun proxecto privado. O ente estatal é a única das partes que se amosa en contra de impulsar o novo estaleiro.
APROVEITARANSE OS ACTIVOS LIBRES DE NAVANTIA
Industria anuncia a creación dun novo estaleiro en Fene
[22/01/2007 19:13] O conselleiro de Innovación e Industria anunciou que se vai poñer en marcha un novo estaleiro no que se construirán todo tipo de buques aproveitando os activos ociosos da antiga Astano. Segundo Fernando Blanco, o proxecto, liderado por Barreras e apoiado por Caixa Galicia e Caixanova, prevé un investimento de 40 millóns de euros nos 600.000 metros cadrados libres de Navantia Fene e creará máis de 250 empregos directos e 2.000 indirectos. O proxecto, que se lle presentou hoxe aos membros da Comisión para a Industria Naval de Ferrol, partirá da iniciativa privada, polo que non terá restricións da Unión Europea. A consellaría, co apoio da Comisión e do Parlamento, contactará coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais ( SEPI).
PATRICIA HERMIDA E ANTONIO GARCÍA PARTICIPAN NUN ACTO DA ASOCIACIÓN FUCO BUXÁN
O cambio climático, a debate na Galería Sargadelos
[22/01/2007 13:39] A asociación cultural Fuco Buxán organiza un debate sobre o cambio climático, as súas claves e o incerto futuro, dentro do ciclo Encontros coa información. A xornalista Patricia Hermida e o médico e membro de Adega Antonio García Jiménez serán os encargados de falar sobre as consecuencias da contaminación e os seus efectos na atmosfera e na modificación do clima, e mais os graves efectos que pode producir a medio prazo. Os dous relatores estarán presentados por Víctor G. Novás, directivo de Fuco Buxán.
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA EXPRESARÁ AS SÚAS INQUEDANZAS EN 'LÍNEA 900'
A oposición ao gasoduto da ría de Ferrol, nunha reportaxe de Televisión Española
[19/01/2007 14:37] O Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol será o protagonista do programa Línea 900, da 2 de Televisión Española, que dedicará a súa reportaxe do domingo 28 ao movemento contra a construción do gasoduto de Reganosa. No espazo contarase a historia de Luz Marina e Elena Rei, veciñas de Mugardos que teñen o cano debaixo do seu xardín, e que viven a cen metros da regasificadora. Tamén se incluirán os testemuños do Comité Cidadán, formado por máis de sesenta asociacións ferrolás que pretenden evitar que entre en funcionamento a planta. Continuar
'DE AMOR E VIDA/OF LOVE AND LIFE' PRESÉNTASE NA GALERÍA SARGADELOS
Jane Danko publica unha obra en inglés e galego
[28/12/2006 16:07] A artista estadounidense Jane Danko presentará o xoves 28 unha edición bilingüe en galego e inglés do seu libro De amor e vida/Of love and life, na Galería Sargadelos de Ferrol. A obra, publicada por Editorial Sociedad de Cultura Valle Inclán, forma parte da colección Soláster e inclúe poemas e gravados da autora de orixe texana. No acto de presentación, que vai ter lugar ás oito do serán, estarán a propia Danko, o director da colección, Fernando Bores, e o tradutor ao galego, Vicente Araguas.
'MEMORIAS DE GUERRA (1936-1942), DE MIGUEL IGLESIAS
Preséntase un novo libro sobre a Guerra Civil
[20/12/2006 13:45] A Guerra Civil é o tema do libro Memorias de Guerra (1936-1942), de Miguel Iglesias, que se vai presentar o venres 22 ás oito no Ateneo Ferrolán. A obra está editada por Edicións Embora e a Asociación Cultural Fuco Buxán. No acto, que estará aberto ao público, intervirá o historiador e directivo de Fuco Buxán Enrique Barrera Beitia.
OS PROMOTORES DAS MOBILIZACIÓNS VALORARON POSITIVAMENTE A CONVOCATORIA
Asociacións ferrolás seguiranse manifestando a prol dos espazos públicos
[12/12/2006 18:54] Os colectivos sociais ferroláns que se manifestaron o pasado domingo 3 contra a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova decidiron convocar unha nova acción de protesta o vindeiro 14 de xaneiro. Representantes das asociacións veciñais O Rosario-Inferniño, San Xoán-Bertón, Esteiro, San Fernando de Recimil, Sartaña, Ferrol Vello, o centro comercial aberto da Magdalena, a Plataforma Ártabra 21, Esquerda Unida-IU e Nós-Unidade Popular valoraron positivamente a primeira mobilización, a pesar da situación climatolóxica desfavorábel en que se desenvolveu. Os veciños entregaron no rexistro municipal un manifesto cidadán e unha solicitude para se entrevistaren co alcalde e co concelleiro de Urbanismo. Continuar
XORNADAS SOBRE ARQUEOLOXÍA BÍBLICA DA FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
Presentan en Ferrol os últimos achados arqueolóxicos arredor da Biblia
[11/12/2006 17:26] O martes arrancan en Ferrol unhas xornadas sobre arqueoloxía bíblica, cunha conferencia sobre o proxecto desenvolvido pola Universidade da Coruña en Siria. O ciclo, organizado pola Fundación Caixa Galicia, ten como obxectivo achegar ao público unha análise científica de por que se pasou de crer que a arqueoloxía confirmaba o testemuño bíblico a dubidar por completo do contado no Antigo Testamento. Até o 20 de decembro, expertos na historia bíblica repasarán os últimos e máis polémicos descubrimentos no Oriente Próximo. As xornadas celebraranse ás oito do serán na sede ferrolá da fundación. A primeira conferencia, o martes 12, impartirana Juan Luis Montero, profesor de Historia Antiga da Facultade de Humanidades de Ferrol, e Eloy Taboada, fotógrafo profesional. Os dous relatores farán un percorrido polas terras do río Éufrates, e ofrecerán novos datos e imaxes sobre o proxecto arqueolóxico da universidade coruñesa na zona. Continuar
A ENTIDADE ORGANIZA PROXECCIÓNS DE VÍDEO, FESTAS E CONCERTOS
A Fundaçom Artábria prepara un nadal cheo de actividades
[07/12/2006 14:09] A Fundaçom Artábria, de Esteiro, Ferrol, comeza o xoves 8 a súa axenda de actividades do mes de decembro. Ese día, ás sete e media do serán, celebrarase un vídeo fórum sobre o lume en Galiza, coa proxección do vídeo Voluntárias e un debate no que intervirá xente que participou na extinción de incendios no verán e mais un membro de Adega-Trasancos. A programación audiovisual continuará o venres 22 de decembro, cun ciclo de cinema infantil. Os cativos asistirán ás sete do serán ao pase do filme Formiguinhaz. Unha semana máis tarde, proxectarase O gato. Continuar
OS COLECTIVOS CONVOCANTES PRETENDEN PARAR A CONSTRUCIÓN DUN MACRO-EDIFICIO
Centos de ferroláns manifestáronse pola defensa dos espazos públicos
[04/12/2006 14:39] A pesar da chuvia, varios centos de persoas manifestáronse o domingo en Ferrol pola defensa dos espazos públicos. A convocatoria, xurdida de dezasete colectivos sociais da cidade, pretendía denunciar a construción dun macro-edificio na praza da Porta Nova, nunha zona cualificada de uso público no PXOM. Os manifestantes protestaron pola actitude do goberno municipal permitindo esa actuación e demandaron a inmediata paralización das obras. A marcha rematou diante da praza do Concello, onde se leu un manifesto cidadán contra o proceso de privatización dos espazos públicos. Este mediodía tiñan previsto entregar o documento no rexistro municipal. Continuar
PRESÉNTASE A BIOGRAFÍA DO DIRIXENTE COMUNISTA
Lembrando a Paco Filgueiras
[24/11/2006 17:20] A sede da Fundación Caixa Galicia na cidade acollerá o vindeiro martes, 28 de novembro, a presentación d' A autoridade na palabra. Biografía do comunista Paco Filgueiras (1920-1976). Con este acto renderáselle homenaxe ao mugardés Francisco Fernández Filgueiras, traballador de Bazán e membro activo da resistencia antifranquista, cando se cumpren 30 anos do seu falecemento. A organización desta xornada corre a cargo da Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Ferrol e da Fundación 10 de marzo. Continuar
NÓS-UP PRETENDE ELIMINAR OS SÍMBOLOS DO FRANQUISMO
Pintan de rosa a Cruz dos Caídos da praza de Amboaxe, en Ferrol
[20/11/2006 19:16] Membros de NÓS-Unidade Popular pintaron este mediodía de cor rosa a Cruz dos Caídos da praza de Amboaxe, en Ferrol. Nunha acción simbólica, o grupo pretendía derrubar a escultura coa axuda dunha corda, pero non o conseguiu por "problemas técnicos", polo que decidiu cubrila por completo de pintura rosa, cor que simboliza o antifascismo galego. Ademais, colocou nela unha pancarta co lema "Simbologia fascista fora da Galiza". As policías municipal e nacional chegaron ao lugar despois de que rematasen os feitos. Continuar
PESCA CREA UNHA MESA DE TRABALLO COS AFECTADOS POLA ZONA C
A Xunta e os mariscadores de Ferrol chegan a un acordo
[20/09/2006 09:43] Non houbo unha terceira xornada de protestas. Xunta e mariscadores reuníronse o martes e chegaron a un acordo sobre a nova clasificación da ría como zona C para o marisqueo. O acordo chegou logo de dúas horas e media de xuntanza entre o patrón maior de Ferrol, Bernardo Bastida, representantes dos sindicatos, o director do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, Xosé Manoel Romarís e o director xeral de Recursos Mariños, Francisco Fernández. Pesca ofreceulles aos afectados a apertura ao marisqueo desde As Pías ata a bocana da ría de Ferrol. A consellaría tamén propuxo a creación dunha mesa de traballo para estudar indemnizacións para os mariscadores da zona C. Continuar
AS CONCENTRACIÓNS DO LUNS DEIXARON CINCO FERIDOS
Segunda xornada de protesta dos mariscadores ferroláns
[19/09/2006 13:14] Os mariscadores ferroláns continúan coas súas protestas pola clasificación da ría como zona C de marisqueo. A primeira hora da mañá varios manifestantes cortaron a entrada a Bazán con pneumáticos ardendo. Na xornada do luns, os afectados realizaron en Narón diversos cortes no tráfico que derivaron nunha carga policial que deixou a cinco feridos. Os mariscadores non aceptan a nova clasificación da ría xa que lles impide vender o produto fresco na lonxa e fórzaos a replantalo durante dous meses. Continuar
OBRAS: CRUCE DE ACUSACIÓNS ENTRE PSOE E PP
O estado da cidade, "broma preelectoralísima"?
[08/09/2006 10:52] O voceiro do grupo municipal socialista, Manuel Lorenzo Ramos, manifestou esta semana a súa disconformidade coa xestión que está a desenvolver a Concellaría de Obras, en mans do Partido Popular. Dende o PSOE falan, en concreto, da "paralización" desta área, "que se aprecia no estado xeral da cidade". A resposta dos populares non se fixo agardar. Así, veñen de cualificar estas críticas de "preelectoralísimas", ao chegar nove meses antes dos vindeiros comicios municipais. Apuntan, asemade, que nos últimos tres anos e medio se teñen reurbanizado máis de 50 rúas ferrolás, sen incluír nesta relación o barrio da Magdalena. Continuar
SEGUNDO AFIRMA O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Está Reganosa fóra da lei?
[07/09/2006 14:40] O Comité Cidadán de Emerxencia vén de sinalar novamente a existencia de irregularidades no proxecto de construción da pranta de Reganosa, en Mugardos. Segundo esta entidade, as obras da regasificadora están fóra da lei atendendo a dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, de xuño de 2004 e xuño de 2006. Esta última, que anula por segunda vez o procedemento de tramitación ambiental seguido pola empresa, poderá ser recurrida ata o vindeiro 12 de setembro. O Comité Cidadán solicita agora que a Consellaría de Medio Ambiente -demandada na devandita sentenza- non presente recurso algún perante o Tribunal Supremo. Continuar
A DIRECCIÓN PROVINCIAL RETIRÁRALLE A CONFIANZA AO CANDIDATO
O portavoz do PP de Mugardos crea un partido independente para as municipais
[11/01/2007 10:48] Francisco Xavier Trío, candidato do PP en Mugardos en 2003, anunciou que se presentará en maio por unha agrupación independente que el mesmo botará a andar. Trío está "encabuxado" porque os xefes provinciais do partido decidiron confiar en Xoan Domingo de Deus para liderar a nova lista. O tamén concelleiro popular Luis Anxo Penín anunciou que secundará a Trío na aventura independente. A formación conservadora ten na actualidade 3 edís. En Mugardos goberna en minoría o BNG, que conta con 4 concelleiros. Dende 1979 os conservadores aínda nunca lograron gobernar o concello.
A ASOCIACIÓN FERROL VELLO AMOSOU A SÚA PREOCUPACIÓN POLA CONTAMINACIÓN POR CLINKER
A Autoridade Portuaria vixiará as descargas no peirao do carbón
[19/12/2006 11:59] A Autoridade Portuaria de Ferrol comprometeuse a extremar as precaucións para evitar molestias na descarga de clinker, un dos compoñentes do cemento, no peirao de carbón. Esta foi a conclusión coa que saíron da reunión que mantiveron con representantes da asociación de veciños Ferrol Vello, preocupados polos efectos prexudiciais do produto. Os representantes veciñais amosáronlles ao presidente e á directora da Autoridade Portuaria fotografías das últimas descargas nas que se aprecia a poeira que se levanta por non estar o produto protexido. Continuar
O FORMACIÓN VAI ELIXIR O SEU NOVO CADRO DIRECTIVO
Ferrol acollerá esta fin de semana o cuarto Congreso de Primeira Linha
[13/12/2006 17:56] A organización independentista Primeira Linha celebrará en Ferrol, este sábado día 16, o seu cuarto Congreso, baixo a lenda de "Revoluçom Galega". O partido integrado en Nós-UP sublia que o debate vai estar centrano na análise da dependencia nacional de Galiza dende un punto de vista histórico-político. A formación comunista tamén analizará cambios organizativos na estrutura partidaria e elixirá á nova dirección.
"EN DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS"
Oposición e sindicatos únense á protesta veciñal en contra do edificio da Praza de España de Ferrol
[04/03/2007 14:05] Baixo o lema ‘En defensa dos espazos públicos, non ao edificio da Praza de España’, asociacións e colectivos veciñais, partidos políticos da oposición e sindicatos participaron este domingo na mobilización de rexeitamento ao edificio que se está a construír na céntrica praza ferrolá. Continuar
CLAUSURA DO IV CONGRESO CELEBRADO EN FERROL
Primeira Linha reelixe a Carlos Morais como secretario xeral
[18/12/2006 12:15] O cuarto congreso de Primeira Linha celebrado esta fin de semana en Ferrol pechouse coa reelección de Carlos Morais como secretario xeral. O partido independentista decidiu a nova composición do seu Comité Central que ten un perfil "continuista". Nas teses políticas aprobadas, a formación comunista fixo fincapé no problema nacional de Galiza á vez que se analizou a deriva "rexionalista e neoliberal" do nacionalismo que representaría, segundo estas conclusións, o BNG.
|
 |
 |
 |
|
|
 |