Co seu persoal estilo, inconfundible e xa coñecido por todos nós, Victorino Pérez Prieto resúmenos o que foi a xornada vivida no Chan da Arquiña.
[23/09/2006 13:22] Cando un xeraliza sempre mete a pata, así que imos matizar. Que nosoutros saibamos, pouca cobertura se lle deu á Romaxe nos medios escritos, radio, TV ou intenáuticos. Si sabemos dun par de excepcións da zona da celebración: Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, ós que agradecemos a cobertura antes e despois da festa.
En calquera caso, se queredes ver máis detalles da festa, velaquí unha morea de fotos.
Continuar
ESPECIAL XXVIII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS
Máis de 100 fotos da Romaxe
[01/11/2005 00:20] Téndelas ao voso dispór
aquí.
Recollen distintos momentos da Eucaristía: os mozos e mozas que facían de guieiros da celebración, algunha da xente que subiu ao palco para nos facer partícipes das súas angueiras, o baile da Rumboia, a paz, os da Quenlla, a comuñón, etc.
Tamén se recolle o xantar de despois da Eucaristía.
E aquí tendes o
Folleto litúrxico da XXVIII Romaxe de Crentes Galegos, que nos esquecera colgar.
Continuar
ESPECIAL XXVIII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS
Sempre nos quedará a Romaxe
[12/09/2005 22:11] Pois, se vos digo a verdade, desta volta eu non pensaba ir á Romaxe. É que anunciaban choivas e ocorréuseme que, se cadra, cunha nena pequena e inqueda coma a miña, un día pasado por auga ao aire libre era unha aposta segura por un bo catarro e varios quilos de terra patria transportados da Mota á casa. Pero ao final o meu home e mais eu decidimos arriscarnos, porque Romaxe de Crentes Galegos só hai unha e unha soa vez ao ano. Se un non vai, logo se arrepinte, porque perdeu a ocasión de atopar vellos amigos e compañeiros cos que algún dían compartiu –na parroquia en que medrou, na mesa de redacción desta revista...- proxectos comúns e algunhas boas conversas.
Continuar