Vieiros O Bierzo
Edición xestionada por Vieiros
ed_nomefoto

Vieiros O Bierzo
desde 09/05/2000
 FORO

A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 A MAN

Información sobre este territorio, a súa historia, características lingüísticas e datos sociolóxicos.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta no directorio de Vieiros as páxinas bercianas ou que falan sobre O Bierzo.

 
Martes 27 de febreiro do 2007. Actualizado ás 17:38

LEONESISMO CULTURAL
Cuestionan o ensino do galego n'O Bierzo
[27/02/2007 17:38] A Asociación Cultural Fala Ceibe d'O Bierzo denuncia un novo ataque do leonesismo cultural cara ao ensino do galego n'O Bierzo. Segundo información de Diario de León, de 20 de febreiro de 2007, dúas organizaciois culturais leonesistas, a saber, Amigos del Patrimonio e Proidentidad Leonesa, aproveitaron a súa carta-queixa ante o Procurador do Común de Castela e León -figura semellante ao Valedor do Pobo Galego- para criticar aspectos relacionados co ensino do galego n'O Bierzo. Un artigo de Xabier Lago Mestre. Continuar


TEATRO EN GALEGO NO BIERZO
Os Circuítos Culturais Martín Sarmiento colaboran co ciclo 'Linguas a Escena'
[05/02/2007 08:54] Organizado en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas e coa contribución do IGAEM, o Ciclo Linguas a escena que se desenvolverá nos próximos días no Teatro Bergidum pretende servir como apoio didáctico na aprendizaxe de idiomas. O ciclo inclúe unha función en francés, outra en inglés e unha en galego. Continuar


A ASOCIACIÓN RECOÑECE A DEFENSA DA LINGUA NA COMARCA DO BIERZO
A RAG e Amancio Prada recibiron os segundos premios Xarmenta
[25/01/2007 11:03] A Real Academia Galega (RAG) e o cantautor Amancio Prada recibiron o mércores á noite no Teatro Bergidum de Ponferrada os segundos premios da asociación berciana da lingua Xarmenta. Os galardóns creáronse no ano 2005 para distinguir as persoas e colectivos que destacan pola defensa da lingua galega no Bierzo. Daquela, foran premiados o actor Luís Tosar e o consello comarcal berciano. Continuar


SOBRE ENSAIOS
O dialecto berciano de Antonio Fernández y Morales
[18/01/2007 13:33] En 1861 Antonio Fernández y Morales publicou Ensayos poéticos en dialecto berciano (reedición do Instituto de Estudos Bercianos, 2003). Libro que recolle diversos textos en lingua galega d'O Bierzo e que contén unha introducción do seu amigo Mariano Cubí i Soler, o cal lle animou a escribir a dita obra, baseada en parte en literatura oral da rexión. Un artigo de Xabier Lago Mestre. Continuar


COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA E O GOBERNO CASTELÁN
Libros en galego para os colexios do Bierzo
[09/01/2007 18:32] A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia acaba de enviar aos colexios e institutos bercianos nos que está implantado o Programa para a Promoción do Idioma Galego material didáctico de diverso tipo. Os colexios de Educación Infantil e Primaria recibiron libros de lectura para os diversos niveis educativos, dicionarios ou métodos de lecto-escritura en galego entre outros. Os institutos recibiron tamén unha colección de filmes e documentais en galego como apoio para a materia de "Lingua e Cultura Galega", que actualmente se imparte en 4º de ESO. Continuar


ENTRE BALBOA E AMBASMESTAS
O primeiro carril-vaca en Europa
[21/12/2006 18:33] Son moitas as vilas e cidades que reclaman carril bici para faceren un uso máis ecolóxico do transporte. Pero o que é totalmente insólito é que se pense en facer un carril da estrada expresamente para as vacas. Mais isto pode ser unha realidade para o próximo ano: ao longo de cinco quilómetros, entre Balboa e Ambasmestas, pasando por Quintela, as vacas poderán camiñar paralelas á estrada, protexidas por un valado de ferro forrado con madeira. A iniciativa naceu nunha pequena aldea do Bierzo Oeste, nos Ancares leoneses, unha terra de pallozas e castelos en ruínas: Balboa. Continuar


PREMIO A PERSOAS E INSTITUCIÓNS POLO COMPROMISO COA LINGUA
E os Xarmenta foron para a RAG e Amancio Prada
[15/12/2006 10:43] A RAG, en plena celebración do centenario, e o cantautor berciano Amancio Prada foron finalmente os premiados nesta segunda edición da gala organizada pola asociación Xarmenta do Bierzo. Fixéronse públicos este mércores na galería Sargadelos do Barco de Valdeorras e mais no Hotel AC de Ponferrada. O xurado integrárono o presidente e secretario da asociación, o Consello Comarcal do Bierzo, institución premiada na primeira edición, o Concello de Cacabelos, o Concello da Ponte de Domingo Flórez, a Comisión Cultural Martín Sarmiento, e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Este premio entrégase cada ano a unha persoa e unha institución para recoñecer o seu compromiso co galego no Bierzo. Continuar


Á DIFUSIÓN DO GALEGO EXTERIOR
Este mércores coñécense os premios Xarmenta
[11/12/2006 14:35] Este mércores 13 de decembro coñeceremos, dende a Galería Sargadelos do Barco de Valdeorras, ou ben dende o Hotel AC de Ponferrada, o ditame do xurado da segunda edición dos Premios Xarmenta. A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta quere recoñecer, con estes premios, a unha personalidade e a unha institución polo seu traballo e a súa traxectoria a prol da promoción do galego exterior, con especial atención ao Bierzo. O xurado destes premios está composto por sete membros: o presidente e o secretario de Xarmenta, un representante do Concello de Cacabelos, outro do Concello da Ponte de Domingo Flórez, outro do Consello Comarcal do Bierzo, un membro da Comisión Cultural Martín Sarmiento, e outro da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. O resultado coñecerase a partir das cinco e media, así como a data e lugar en que se celebrará a gala de entrega. Será presentada, ademais, a revista Xarmenta, escrita en galego e realizada no Bierzo. En anteriores edicións foron premiados persoeiros como Luís Tosar e institucións como o Consello comarcal do Bierzo.


PROTESTA
Fala Ceibe denuncia a pouca presenza do galego no Estatuto de Castela e León
[04/12/2006 13:42] A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (www.falaceibe.tk) denuncia que o proxecto de Estatuto de Autonomía de Castela e León, aprobado o 29 de novembro, polas Cortes rexionais, non medrou o recoñecemento xurídico do idioma galego. Así pois mantense en dito proxecto o mesmo texto do actual Estatuto de Autonomía de 1999, "gozarán de respecto e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice" (novo artigo 5.3). Continuar


DEFENSA DA LINGUA
O galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León
[08/11/2006 13:44] A presente reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León estase a tramitar con escaso debate social e certo escurantismo de cara á opinión pública. Isto non pode ser así cando hai temas tan importantes que nos afectan directamente. Neste caso queremos referirnos ao recoñemento estatutario das diversas linguas existentes nesta Comunidade Autónoma. Un artigo de Xabier Lago Mestre. Continuar


CO OBXECTIVO DE ACHEGAR AS COMUNIDADES GALEGA, ASTURIANA E LEONESA
A segunda escola permanente Fermín Penzol abrirá de contado
[23/10/2006 17:36] Ponse en marcha a segunda escola permanente Fermín Penzol, actividade proposta pola Universidade de Vigo coa colaboración dos concellos de Vilafranca do Bierzo e de Cacabelos para os días 27 a 29 deste mes. Ademais de analizaren a música tradicional, as linguas e o territorio, os estudos desta edición centraranse na figura do poeta berciano Antonio Fernández Morales. Entre outros dos temas que abordarán os ponentes atópase o teatro, xunto coa gastronomías vertebrada nos magostos populares, así como na V edición do Banquete de Cacabelos. Continuar


OS LINDES
Rexeitan un estudo sobre as necesidades das zonas limítrofes con Galiza
[21/09/2006 09:53] Na sesión plenaria do martes 12 de setembro de 2006 das Cortes de Castilla y León o procurador socialista por Zamora, Felipe Lubián Lubián, presentou a Proposición non de Lei ­—P.N.L. 963-I— instando á Junta de Castilla y León a que proceda á elaboración dun estudo sobre as necesidades dos municipios xeograficamente próximos a Galiza, cuxa atención poida abordarse desde a cooperación de ambas as Comunidades Autónomas, Continuar


PIDEN AXUDA
Fala Ceibe solicítalle á cidadanía que demande protección para o galego
[19/09/2006 08:21] A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo diríxese á cidadanía d'O Bierzo e de Galiza en pedimento de axuda para demandar ante as Cortes de Castela e León unha maior protección da lingua galega na reforma do Estatuto de Autonomía desta Comunidade Autónoma. Continuar


FESTIVAL O VINDEIRO SÁBADO
25 anos da Escola de Gaitas de Vilafranca
[13/09/2006 11:02] Celebrar 25 anos non é pouco para esta asociación que aínda que é algo máis que un grupo de gaitas, débelle a este instrumento popular e emblemático a súa esencia. É por iso polo que comezamos baixo o seu signo, o son das gaitas, esta celebración o próximo día 16 de setembro cun Festival de gaitas e música tradicional. Pero antes de explicar os contidos de dito festival lembraremos os principais fitos percorridos por nós nestes 25 anos de existencia. Continuar


UNHA DE GAITEIROS
As falsas apariencias contra o legado tradicional
[10/04/2006 11:52] Parece ser que uns 3000 "vistosos" gaiteiros desfilarán polas rúas de Ponferrada. E por aquilo da gaita e do que din alguén pensará que isto é unha manifestación poderosa de música tradicional. Preguntámonos, dende cando foi tradicional no Bierzo, en Galicia ou Asturias unha gaita de tres roncos sobre o ombro, un tambor premier metálico de parches de plástico, un bombo tocado con dúas mazas ou un traxe de home con faldas ao máis puro estilo escocés. Así é como se presentará con este aire militar que a caracteriza a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense organizadora da Liga galega de Bandas de Gaitas que se vai realizar na cidade do Bierzo o próximo día 9. Un artigo de Héctor M. Silveiro, presidente da Escola de Gaitas de Vilafranca. Continuar


INTERCAMBIO ESCOLAR
Rapaces e rapazas do Bierzo visitan Pontevedra
[04/04/2006 12:51] Este xoves, 30 de marzo, os alumnos e as alumnas bercianos que estudan galego en 6º de Primaria no CEIP San Lorenzo de Brindis e en Secundaria nos IES Padre Martín Sarmiento de Vilafranca, Europa de Ponferrada, e Bergidum Flavium de Cacabelos eran recibidos á súa chegada á cidade de Pontevedra pola delegada da Consellaría de Cultura de Pontevedra, Marta Souto, a concelleira de cultura do Concello de Pontevedra, María Xesús López, así como polos directores do IES Torrente Ballester e do CEIP A Xunqueira II, ós que se unía Héctor Silveiro, da Comisión Cultural Martín Sarmiento. Continuar


PARA A REFORMA DO ESTATUTO
Por un maior recoñecemento do galego periférico
[03/04/2006 14:48] A asociación Fala Ceibe do Bierzo púxose en contacto coa comisión parlamentaria da reforma do Estatuto galego para que na mencionada reforma se tivese en conta un "maior recoñecemento do galego periférico". De seguido difundimos o contido da carta que se dirixiu a esa comisión. Continuar


LIGA MUSICAL
3000 gaiteiros polas rúas de Ponferrada
[29/03/2006 10:13] O alcalde ponferradino, Carlos López Riesco, presentou, acompañado do presidente da Federación de Bandas de Gaitas de Galicia, a segunda fase do campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas, que terá lugar en Ponferradao 9 de abril e contará coa presenza de 120 grupos. Continuar


FALA EN LEÓN
Leonesistas de ficción
[23/03/2006 09:44] Asistín eí polo tempo a unha polémica artificial e sen xeito dalgunhas das asociaciois que se proclaman defensoras da fala leonesa despois da intervención que o Presidente do Consello Comarcal do Bierzo tuvera durante un acto organizado pola asociación Xarmenta. Un artigo de Aquilino Poncelas. Continuar




Noticias anteriores

 
EN VIEIROS
O Sergas defende o gasto de 650.000 euros en licenzas de Microsoft
Medio Ambiente descarta a incineración para a "segunda Sogama" do sur
Política Lingüística avoga por converter a Xunta nun "axente galeguizador"
Irlanda do Norte decide a composición do seu parlamento
Lalín valora un proxecto para levar internet, telefonía e televisión ao rural
Estamos en obras, desculpen as molestias
Líder curdo á cadea por "respectar" a Ocalan
Hamás promete a fin da violencia se Israel evita o boicot internacional ao novo goberno palestino
Protección Civil activa a alerta vermella nas costas norte e noroeste do país
Homenaxe blogueira a Carlos Casares o 9 de marzo
Unha lei francesa pretende castigar os que difundan vídeos violentos sen ser xornalistas
O Entroido tamén chegou a Terra Santa
Feminino plural, todas as mulleres á escena
Tosar e Piti Sanz presentan o seu grupo en Vigo
A explotación das mulleres do téxtil, na Mariña
Tan só un de cada cinco colexios públicos do país ten nome de muller
Tres culturas unidas pola poesía
O Bloque afirma que os populares amparan o "terrorismo urbanístico"
Xosé Luís Vázquez Somoza leva o Ánxel Fole de narrativa
A clase política homenaxea a Anxo Guerreiro o 14 de abril en Compostela
Todos os colexios galegos a xogar á billarda
Vicepresidencia organiza un programa de concertos para promover a música clásica do país
Seminario de arquitectura sustentábel en Compostela

© Vieiros