Vieiros Galego.org

Edición xestionada por Vieiros
 FORO

Que che parece o Plan de Normalización Lingüística? Opina no foro de galego.org.
 A MAN

Accede dende aquí aos recursos que a web de Galego.org recolle sobre o idioma.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta nas páxinas que sobre lingua hai no buscador de Vieiros.

 

REPRESENTANTES DA EMPRESA ENTREVÍSTANSE CON RESPONSÁBEIS DA MESA
A dirección do hotel Louxo reitera que só lle pide aos empregados que falen no idioma do cliente

[23/01/2007 10:28] O hotel "Louxo", da Illa da Toxa, fixo público un comunicado para afirmar que xa a pasada semana se suprimiu do manual de atención o veto á lingua galega. A dirección volveu repetir que todo se debe a un "erro" e fala dunha "redacción desafortunada xa que, a nosa filosofía é que os traballadores falen sempre no idioma que entenda o cliente, que nun 90% é de fora de Galiza". Os responsábeis dos complexo hosteleiro reuniranse este mesmo martes con representantes da Mesa pola Normalización Lingüística.


Nunha nota de prensa, dende o hotel lembran que teñen un capital integramente galego e que en vinte anos de funcionamento "nunca tivemos problemas lingüísticos nin cos clientes nin cos traballadores, aos que lles falamos e respostamos no idioma que desexan"

A filtración do manual do hotel por internet desatou unha forte polémica. O BNG presentou esta mesma semana preguntas no Parlamento. Os nacionalistas coidan que a Xunta debe tomar medidas contra as situacións de discriminación lingüística.



Ligazóns relacionadas:
O polémico veto ao galego nun hotel da Illa da Toxa chega ao Parlamento
A Mesa denuncia o Hotel Louxo da Toxa por pedirlle aos seus empregados que non utilicen o galego

COMENTARIOS:

Hai 4 comentarios para esta nova. Le os comentarios e participa




© Vieiros