Vieiros Galego.org

Edición xestionada por Vieiros
 FORO

Que che parece o Plan de Normalización Lingüística? Opina no foro de galego.org.
 A MAN

Accede dende aquí aos recursos que a web de Galego.org recolle sobre o idioma.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta nas páxinas que sobre lingua hai no buscador de Vieiros.

 

OS DEFENSORES DO GALEGO DENUNCIAN "FORTES PRESIÓNS"
A Academia Asturiana considera "pexorativo" que se fale do "galego-asturiano"

[20/11/2006 22:41] A Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) comezou unha nova campaña para esixir que o galego que se fala nas comarcas occidentais de Asturias pase a denominarse "lingua eonaviega" ou "lingua do Navia-Eo". A presidenta da ALLA, Ana Cano, considera que incluso a denominación de "galego-asturiano" ten "connotacións pexorativas". Mentres, os que defenden a existencia da lingua galega máis aló do Eo recoñecen estar a sufrir "presións de todo tipo" e insultos pola rúa.


O galego que se fala nos concellos eonaviegos volve sufrir as turradas da Academia de la Llingua Asturiana. Este colectivo presentou o pasado venres en Navia un informe "histórico e social" do idioma nestas comarcas. A presidenta de ALLA, Ana Cano, considera "pexorativo" que se denomine como "galega" a lingua que se fala nestas zonas. Botando man a unhas estatísticas propias asegura que o 74% dos veciños destes concellos considéranse "asturianos ata a médula". Ademais, un 98% dos mesmos queren que a súa lingua se chame doutra maneira diferente á forma "galego-asturiana".

Dende a Academia cargan contra as "arelas dos nacionalistas galegos" e subliñan que as terras de Navia-Eo forman parte de Asturias xa dende o século VIII. Ademais destacan que "non hai ningún momento histórico" no que estas comarcas pertenceran a algunha estrutura política galega.

Todos os xornais asturianos recolleron amplamente a noticia nos últimos días e algúns editoriais incluso sinalan que a proposta da ALLA "dignifica" a "lingua eonaviega". O que se pretende é que na reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias se marquen como linguas cooficiais o bable e a "lingua do Navia-Eo". Segundo Ana Cano, a idea é que nun futuro "o resto de Asturias escoite esta lingua e que a queira e a coñeza como facemos nós co asturiano".

Fortes presións
Este xornal púxose onte en contacto con xente que defende a galeguidade lingüística destas comarcas. Algúns recoñeceron que están a sufrir "fortes presións e incluso insultos pola rúa" por parte dos defensores das teses asturianistas. "Hai unha ofensiva brutal dos medios asturianos e moita xente ten medo a expresar o que pensa en público", sinalaban.

O catedrático e membro da Real Academia Galega (RAG), Francisco Fernández Rei, asegura que "hai unha tradición incuestionábel de que no occidente de Asturias se fala galego". Fernández Rei lembra que destacados filólogos, como foi o caso de Dámaso Alonso, recoñecían xa hai décadas que nesas bisbarras se falaba o galego. A Fernández Rei chámalle a atención o cambio de actitude da presidenta da Academia da Llingua. Incluso recorda un escrito publicado en 1987 no que Ana María Cano escribía que "na cara máis occidental de Asturias, máis ou menos entre o Navia e o Eo, fálase unha variedade do galego de Lugo".

Fernández Rei cre que detrás desta guerra hai demasiados intereses. Como proba sinala que ata finais dos oitenta practicamente ninguén cuestionaba a existencia do galego máis aló do río Eo. O propio Ramón de Andrés, director xeral de Política Lingüística no Principado de Asturias e membro da ALLA, sinalou nun plenario desta asociación hai catro anos que negar a existencia do galego en Asturias era unha postura intelectualmente indefendíbel, algo que nunca lle perdoaron outros académicos asturianistas.

Tabú
Para Fernández Rei non hai dúbida de que dende hai anos hai unha campaña orquestrada contra o galego, que xa é unha palabra "tabú" nestas comarcas. Pola contra comezou a abusarse primeiro do termo "galego-asturiano" e da "fala", termos que agora, incluso, os asturianistas queren deixar atrás. "Creo que unha academia no pode comportarse coma un partido político. Non se pode actuar con tanta demagoxia. Quen pode negar que, por exemplo en Taramundi, se fala o galego oriental?", sostén Fernández Rei.

Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo, está claro que hai sectores en Asturias empeñados en "sacar toda relación con Galicia". Costas, que coñece ben a realidade do galego naqueles municipios, sinala que "os propios falantes están asustados coas presións que reciben". Costas coincide con Fernández Rei á hora de ver intereses políticos e mediáticos nesta campaña contra a lingua galega. Subliña que se están a poñer "dianas" contra todos os defensores do galego en Asturias.



COMENTARIOS:

Les coses que se escriben nestos foros meten mieu. Hay ca' un que si i dan una pistola mátanos a tós. Qué peligru! Tai tranquilos, que en Asturies tenemos otres coses meyor que facer que andar con estes pijaes. I tais invitaos a la catedral de la sidra: la plaza Requexu de Mieres. Preguntai pola Entamá nacionalista i pasaremolo como tien que ser. Puxa Asturies.
   guaje (12/12/2006 19:33)

Se a ALLA inventou unha lingua (o asturiano) e pretende facela oficial, cando a inmensa maioría dos asturianos nin a falan nin perden o tempo aprendéndoa, porque non ía inventar agora outra lingua (o eonaviego). A cuestión está en saber o que pensan os naturais da zona. Supoño que a maioría non quererá perder o tempo cun masters en eonaviego para poder falar desde As Figueiras ata Navia e poder ler ao insigne autor El Galano.
   harizti (12/12/2006 19:23)

colo texto no PGL do castelhano Gil Hernadez (ii)
Há tempo venho dizendo que o nacionalismo asturiano, na realidade "regionalismo mal entendido", age como o "region. bien entendido", mas pior.
Não só procura estragar o seu (para isso está), mas direta ou indiretamente "trabaya" em prol do seu senhor, que, não o percamos de vista, é o nacionalismo espaÑol mais resesso.
   olalha (22/11/2006 09:27)

colo texto no PGL do castelhano Gil hernandez (i)
digo-o pelo complexo -idealista- de inferioridade que amostram os ALLAosos, evidenciado na "reescritura" do que aconteceu, que eles dizem História, e na "innuición" do presente violênto "sub specie culturae".
Os partidos nacionalistas fetém (pEpE e pEsoE), cada um ao seu jeito, aproveitam as !ALLAdas" com o objetivo bem preciso de suprimir, por suplantação, esse resto perigoso, que são as falas galegas fora da Galiza. (Na "Comunidad de Castilla y León" vão pelo direito ao esmagamento definitivo: Não existem essas falas galegas. novo estatuto)
Tudo seja em benefício do projeto nacionalista do Reino de EspaÑa.
(E não é teoria minha "peregrina", meus: Basta abrir os olhos e ver e observar...)
Curiosamente os asturianistas ainda não perceberam que a sua sina é desaparecer matando, mas não como fez Sansão com os filisteus, senão como os de Puerto Urraco..., desnortados e entolecidos.
   Olalha (22/11/2006 09:26)

E que terá que ver lingua con identidade? Paréceme unha ofensa que unha ¿señora? (por chamarlle algo) dunha ¿institución? diga que a palabra galego é pexorativa. Aquí os únicos expansionistas son a ALLA e o rexionalismo asturiano axudado por xornais tan extremistas como La Nueva España. Os extremos tócanse de novo e mentres matan o galego no Eo-Navia.
Toman sidra? E os de viño? Que parvada, con estes argumentos pouco hai que falar.
   Xosé (22/11/2006 08:48)

Ya tais otra vegá con les mismes caxigalines. El primeru que inició estes andanaes fu'l vuestru vice que anda por aí de expansionista amateur. Dende llueu, lo que diga Alonso, que pasaba les vacaciones en Ribadeo, son babayaes. En Navia son asturianos, tomen sidra i nun quieren saber na de los gallegos. I si m'apurais, digovos que los de ribadeo i los de la mariña si los dexaren iben pal nuestru llau fijo. Como los del Barco que ios presta dir a Ponferrada. Vosotros a lo vuestro, que ya teneis bastante.
   guaje (21/11/2006 22:11)

o da ALLA non ten nome. Agora resulta que tiran da manga unha lingua nova, o Eo-naviego, para evitar calquera vestixio de galeguidade mesmo na denominación. Mais xórdeme unha pregunta a este respecto: quen se ocupa logo da normativización desa "nova lingua"? Cómo a Academia da Llingua Asturiana pode pretender abranguer tamén as competencias sobre o "eo-naviego"? haberá que crear logo, como é lóxico, unha Academia da Lingua Eo-naviega, digo eu... Isto non é serio, rir por non chorar.
   xardón (21/11/2006 14:31)

Veño de lle botar un ollo á entrevista que La Nueva España lle fai a Ana Cano, redixida en perfecto español por certo, e a idea fundamental que tiro é que cando se ulen de perto os cartos, calquer persoa, non necesariamente filológo/a, estaría disposta a defender caisquer ideas sen fundamento técnico que foren necesarias para a consecución do "obxectivo". A pergunta que se non lle fixo a Cano foi se, mudando esa denominación "pexorativa" (porén, non dixo que compoñente da denominación é a que leva a carga semántica negativa, mais intuímos, non si Aniña?) o asturiano aposta decididamente, de vez, por unha política que afecte tamén ao "idioma amigo", o que vedadeiramente atrae falantes, e non pola política fácil de "autoctonismo absurdo" contra a lingua galega.
Por outra parte, iso de mudar de posicións cos anos ou de achegar á brasa a sardiña intereseiramente, sóame de algo, quen eran eses Monteagudos, Fdez. Reis, o ILG... agora non dou recordado...
   Gusanitólogo (21/11/2006 12:15)

Home, isto xa non é asunto da lingüística, isto xa "es cosa de admiración": non teñen dúas linguas, teñen tres (e aínda faltan o transcántabro, o alto xixonés, o ElVietense e as xirias de Langreo).
   Grovio (21/11/2006 11:10)

O que se fala no Eo-Návia som umha série de dialectos que se agrupam dentro do sistema lingüístico galego-português.
Digamos que som umhas quantas peças mais do riquíssimo puzzle que é a nossa língua. É moi singelo. Os dialectos nom podem ser 'autônomos'. Os dialectos devem pertencer a um sistema lingüístico. Neste caso eses dialectos pertencem ao 'puzzle' lingüístico do galego-português.
A teoria do sistema lingüístico (entender as línguas como puzzles de dialectos geográficos) é moi recente. É lingüística moderna. É precisso que esta teoria se extenda e se faga cada vez mais popular para evitarmos este tipo de agressions secessionistas cara a nossa língua.
   O_Castrejo (20/11/2006 22:53)



Envía o teu comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Nome:


Correo:


Mensaxe:


Fatal error: Cannot access empty property in /home/vieiros/subdominios/vello/data/include/class_captcha2.php on line 45