|
DEBATE SOBRE O ESTADO DA NACIÓN
A Mesa considera que o discurso de Touriño sobre a lingua é simple "propaganda" [04/10/2006 12:02] A Mesa pola Normalización Lingüística mostrouse "decepcionada" co discurso que onte pronunciou no Debate sobre o Estado da Nación o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. No que respecta á normalización do noso idioma, a entidade que dirixe Carlos Callón non dubidou en criticar duramente este aspecto ao considerar que Touriño "mantense na propaganda e no engano á cidadanía, pois di unhas cousas e fai outras. Na realidade, mantéñense os mesmos eixos de actuación sobre o galego dos gobernos anteriores". Dende a asociación de defensa da lingua subliñaron que é "lamentábel" que o presidente do Goberno galego "só use a nosa lingua como un recurso propagandístico".
Dende A Mesa consideran que Touriño optou por un continuismo na política lingüística da etapa Fraga. Cren que, pese ás mensaxes trunfalistas, a situación do idioma segue a ser igual de crítica que durante os anos anteriores: "O Presidente da Xunta non pode vender a súa grande defensa do Plan de Normalización, cando despois de máis dun ano de goberno case non hai adiantos na aplicación". Non dubidan en calificar o plan como "un fetiche publicitario". OUTRAS NOTICIAS
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||