Vieiros Galego.org

Edición xestionada por Vieiros
 FORO

Que che parece o Plan de Normalización Lingüística? Opina no foro de galego.org.
 A MAN

Accede dende aquí aos recursos que a web de Galego.org recolle sobre o idioma.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta nas páxinas que sobre lingua hai no buscador de Vieiros.

 

LINGUAXE E NATUREZA
Mmmmm, parece que tes un lixeiro acento cacheno...

[24/08/2006 21:52] Recentes investigacións apuntan a que as vacas emiten diferentes muxidos conforme a súa zona de procedencia. Aparentemente iso foi o que detectaron os gandeiros, afeitos a andar entre elas, e ademais cren que as vacas os imitan. Os lingüistas desputan sobre as razóns.


Os gandeiros do condado de Somerset están convencidos de que non só as súas vacas falan distinto das doutras partes, senón que ademais teñen o acento que eles mesmos teñen cando cortan o inglés. E ao parecer outros gandeiros doutras zonas de Inglaterra teñen a mesma percepción e cren que o acento das vacas imita o sotaque deles mesmos.

Porén John Wells, profesor de fonética na Universidade de Londres, relaciona estas variacións coas que xa se aprezaran en paxaros e entende que as variacións entre o sotaque dunhas e doutras vacas ten sobre todo que ver co contacto habitual con outras vacas.



Ligazóns relacionadas:
A BBC inclúe catro cortes de muxidos de vacas locais, para ver as diferenzas




© Vieiros