Vieiros Galego.org

Edición xestionada por Vieiros
 FORO

Que che parece o Plan de Normalización Lingüística? Opina no foro de galego.org.
 A MAN

Accede dende aquí aos recursos que a web de Galego.org recolle sobre o idioma.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta nas páxinas que sobre lingua hai no buscador de Vieiros.

 

LINGUA E ADMINISTRACIÓN
A Mesa suspende a Marisol López

[26/12/2005 19:48] 100 días son as xornadas de cautela para avaliar a acción política dun goberno. Rematado ese período ábrese a veda, e os primeiros disparos teñen como vítima a recén creada Secretaría Xeral de Política Lingüística. A Mesa pola Normalización realizou xa o primeiro balanzo da súa xestión, cun resultado bastante negativo.


A Mesa pola Normalización Lingüística cualificou a Secretaría Xeral de Política Lingüística como a "bela adormecida" do goberno galego pola súa xestión, que pasou "desapercibida". A Mesa criticou que o departamento da Xunta estea a traballar "sen planificación nin entusiasmo", e sinalou que se "descoñecen" os seus obxectivos e liñas de traballo para 2006. O balanzo trazouno A Mesa "cun espírito crítico aínda que cun ánimo construtivo", e engadiron que "aínda se está a tempo de virar cara a novas políticas que de verdade sirvan para normalizar a lingua".

A Mesa aproveitou para reclamarlle a Marisol López que faga cumprir a lei na Coruña e o compromiso de chegar ao 50 por cento da docencia en galego que recolle o Plan de Normalización. Ademais, a asociación criticou a gala de Noiteboa da TVG por considerar que as actuacións de grupos galegos foron "anecdóticas".

A asociación tamén sinalou que o departamento dirixido por Marisol López mantén unha política "propagandística" de diálogo, xa que "non amosa" disposición para aceptar a oferta de colaboración que a Mesa lle fixo, e demandou explicacións de por que o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galegaestá "apartado" ao levaren as súas comisións meses sen xuntarse.



Ligazóns relacionadas:
Anteriores: Política Lingüística reducirá as axudas a asociacións

COMENTARIOS:

Hai 1 comentarios para esta nova. Le os comentarios e participa




© Vieiros