|
LINGUA E UNIVERSIDADE
Raúl Piñeiro gaña o II certame de Monólogos monolingües [01/12/2005 20:21] O animador sociocultural ourensán Raúl Piñeiro foi o gañador do segundo certame de monólogos sobre temática lingüística, que organiza o servizo de normalización lingüística da Facultade de Económicas de Santiago. O seu monólogo, titulado 'Os propietarios da lingua', recibirá 200 euros. A competición desenvolveuse cun grande éxito de público.
Raúl Piñeiro, ourensán de familia arraiá (Lobeira), reflexionou no seu monólogo sobre o que el determinou as catro categorías de propietarios do galego: os propietarios de todo (académicos e lingüistas), os non-propietarios (os que non senten o galego), os neopropietarios (que acaban de comezar a falar en galego e xulgan os demais co patrón da lingua) e os que non saben que son propietarios (falantes de toda a vida que consideran que non saben falar o galego). Piñeiro, que destaca a "heteroxeneidade do público" do certame, pretendía resultar orixinal e non caer na crítica retranqueira dos castelanfalantes, e si centrarse nos galegofalantes. Os premios están dotados con 400, 300 e 200 euros, repartidos á metade entre cartos en metálico e libros mercados a través de Biblos Clube de Lectores. O acto, que recibiu unha grande acollida de público e cuns monólogos superiores en calidade e variedade aos da edición de 2004, conduciuno o actor Carlos Blanco, que tamén realizou unha pequena actuación mentres o xurado deliberaba. Pechou o certame o cantautor Leo i Arremecághona, que obtivo o segundo premio en 2004. Ligazóns relacionadas:
Hai 0 comentarios para esta nova. Le os comentarios e participa
OUTRAS NOTICIAS
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||