Vieiros Galego.org

Edición xestionada por Vieiros
 FORO

Que che parece o Plan de Normalización Lingüística? Opina no foro de galego.org.
 A MAN

Accede dende aquí aos recursos que a web de Galego.org recolle sobre o idioma.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta nas páxinas que sobre lingua hai no buscador de Vieiros.

 

LINGUA E UNIVERSIDADE
A ver quen é máis rápido coa lingua, forasteiro

[24/11/2004 09:40] Hoxe despútase a final de monólogos de temática lingüística que organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago. Unha ducia de persoas (entre elas unha soa muller) tentarán reflectir, diante dun auditorio, as historias, argumentos, e divertidas posicións diante da lingua. A cita, ás 20:00 da tarde. Durante o acto representaranse anacos de Bicos con lingua, de Talía Teatro.


Velaquí os participantes que chegaron á final e a listaxe de monólogos:

Rafael Dopico. A diglosia
Joam Evans. Presupostos fundacionais do imperio galego galácteo
Antonio de Oliveira. Non hai lingua
Leonardo Fernández. Ghallegho dreito
Iria Aboy Ferradás. A lingua sen sons
Manuel Outeiriño. A lingua e os borbóns de chocolate
José Anido. Falar ou non falar
Xosé Luís Santos. Lingua coma auga
Juan Vega. O cuchilo
Vítor Vicente. A lingua das bolboretas
Daniel Rodicio. A esgalla
Alberte Domínguez. Non abandones.



Ligazóns relacionadas:
Anteriores: A facultade de Económicas santiaguesa organiza un concurso de monólogos sobre a lingua




© Vieiros