|
PRIMEIRO CONGRESO IBÉRICO
A fenda dixital e os retos da escola [06/09/2005 12:42] Máis de oito puntos por baixo da media estatal de vivendas con acceso a internet, sete puntos menos en porcentaxe de usuarios da rede, case tres puntos menos en acceso por banda larga, penúltimos no reconto de computadores por fogar... Son mostra da estatística dos obstáculos para a sociedade da información en Galiza dos que lles temos contado. Ao respecto das cancelas e iniciativas que se afrontan no ámbito específico da educación fálase no Congreso organizado por Nova Escola Galega que desde este martes se celebra en Silleda.
Crear un espazo de experiencias e intercambio entre o profesorado de Galiza e Portugal que se están levando a cabo arredor das TIC nas escolas e reflexionar sobre os principais retos que dende o punto de vista didáctico e curricular terán que enfrontarse coas TIC nos próximos anos, son obxetivos destacados deste primeiro Congreso Ibérico sobre A Fenda Dixital. Organizado por Nova Escola Galega tén lugar en Silleda entre os días 6 e 8 do próximo mes de setembro.
Ao respecto da fenda dixital galega achegámoslles un resumo dalgúns dos indicadores máis significativos. Os datos proveñen dos informes dos últimos informes de Telefónica e Auna sobre a sociedade da información no Estado español e as fontes últimas están nos estudos da AIMC-EGM e do INE. Puntualizar que no conxunto de indicadores, Galiza acostuma a ocupar os últimos postos xunto con Extremadura e Castela-A Mancha, malia que por exemplo os autores do informe de Telefónica gaban especialmente o avance destas últimas dúas comunidades nos meses recentes. AS CIFRAS: Vivendas con acceso a internet en Galiza: 16,9% (media estatal do 25,2%) Penetración de internet: 26,2% (media estatal do 33,1%) Aumento de usuarios no último ano: 2,6% (media estatal do 5,3%) Fogares con computador personal: 35% (media do 43%) Fogares con computador e conectados a internet: 50,35% (media do 64,12%) Accesos de banda larga: 4,6% (media do 6,9%) Fogares con internet de alta velocidade sobre o total de vivendas: 8,25% (media do 13,58%) Motivos dos galegos para non usar internet: -38,1% non ten acceso -79,8% di non interesarlle -17,5% di que é moi caro -11,3% di que lle preocupa a seguridade -20,9% di non ter tempo Os motivos dos galegos para non ter acceso á rede no fogar: -11,1% acceden dende outro lugar -68,1% non saben o que é, non o queren ou din non necesitalo -18,9% din que a conexión é cara demais -29,7% non ten coñecementos para usalo -43% non teñen computador ou o que teñen non é axeitado para navegar Onde usan os galegos internet: -46,8% no fogar -43,5% no traballo -24,7% no centro de ensino -34,7% noutros lugares (cibercafés, puntos de acceso dos concellos, casa de amigos...) A frecuencia de uso de internet: -Diariamente: 33,9% -Semanalmente: 41,8% -Unha vez ao mes: 19,1% Internet chega lentamente ás empresas galegas No último ano o empresariado galego tería recurtado a fenda de máis de dez puntos que o separaba da media estatal en canto porcentaxe de conexión a internet, segundo asegura o Observatorio TIC da Xunta. Daquela, máis da metade das empresas que non estaban conectadas dicían non ter previsto acceder á rede e non considerala necesaria para a súa actividade. -Penetración de internet en pemes: 77% (media estatal do 87%) -Empresas con correo electrónico: 75,3% (media estatal do 83,7%) -Empresas con extranet e intranet: 13,2% e 27,4% (media estatal de 16,9 e 32,6%) -Web corporativa: 28% (media estatal de 33%) -Uso do comercio electrónico: 23% (=media estatal) -Empregados que usan o PC en empresas con máis de dez empregados: 93,5% (media do 96,5%); sobre o total de traballadores: 47% (media estatal do 51%) -Empresas con banda larga: 52% (INE) (media do 71%), o Observatorio TIC amosa un avance no 2004 deica o 68% de empresas con banda larga Máis datos (Avance 2004 do Observatorio TIC): -Empresas con acceso a internet: 91% (o 90% das pequenas e o 99% das medianas) -Teñen computador fixo: 99% -Teñen computador portatil: 36% -Teñen antivirus: 93% -Uso do comercio electrónico: 18,5% -Empresas con web propia: 41% -Empregados adicados exclusivamente á informática: 24% -Empresas non conectadas que cren que se beneficiarían de ter un computador: 62% -Empresas que cren que se beneficiarían de ter web: 60% -Empresas que cren que se beneficiarían vendendo por internet: 24% -Usan a videoconferencia: 1% A fenda dixital tamén é de xénero en Galiza Ata catro puntos por baixo aparece a taxa de mulleres que se conectan a internet respecto á dos homes no último estudio realizado polo INE ao respecto. O informe presentado pola Comisión Europea subliña as eivas no acceso á rede da muller, malia os avances nos últimos anos. En Galiza a peneira dos datos da fenda dixital por xénero amosa aínda resultados máis baixos cando se refire ao acceso da muller ás novas tecnoloxías. Sobre a porcentaxe do total de persoas que usaran o computador nos últimos tres meses, a enquisa máis recente do INE sinala que un 10% menos de mulleres utilizaran ferramentas informáticas, nunha diferenza que é aínda máis pronunciada no contorno rural. A última análise do Eurostat sinala a nivel da UE un aumento do uso da rede entre as mulleres do 28,5% ao 39% nos últimos tres anos. No caso dos homes, o aumento foi do 40,5% ao 48% nese período. O Estado español ofrece as diferenzas máis extremas neste indicador entre homes e mulleres: un 40% de homes dixeron conectarse a internet fronte a un 29% de mulleres. A Comisión destaca a importancia das novas tecnoloxías como parte dos programas de loita contra a exclusión social e recomenda deseñar medidas que corrixan a situación. No anterior estudio do INE, as diferenzas quedaban coma segue: Internet: Perfil de usuario – 41,0% de mulleres Taxa de penetración – 19% entre as mulleres (28,8% en homes) Porcentaxe de persoas que se conectaron á internet en Galiza (datos 2002) Mulleres - 14,57 Homes - 20,37 Porcentaxe de persoas que realizaron algunha compra pola internet en Galiza (2002) Mulleres – 0,73 Homes – 2,15 Porcentaxe de usuarios de móbil en Galiza Mulleres – 38,32 Homes – 51,99 Porcentaxe de persoas que usan computador en Galiza Mulleres – 22,02 Homes – 28,99 Ligazóns relacionadas: OUTRAS NOTICIAS
|
|
||||||||||||||||||||||||||||