Vieiros

49
[10/12/1999]

 

Por conto alleo

Na beira do mar
Esta é unha proposta feita por Espantallo a partir das palabras: "escoura" e "cibersexo"

 


Relatos anteriores:
Coa cruz ó lombo [09/12/1999]

Estaba de ser [08/12/1999]

Doce fogar [07/12/1999]

Divinos sinais [06/12/1999]

Terra Leve [03/12/1999]

Case en casa [02/12/1999]

Vida de princesa [01/12/1999]

O sabor dos cereais [30/11/1999]

Na estrada [29/11/1999]


Ver todos
N
o mesmo intre que o sol madrugaba pola fiestra, desconectaba o aparello. Tiña os ollos cansos e a frustración do cazador vencido pola peza. Todo a noite mareando, pousando os ollos nas máis atractivas ofertas da moderna ciencia de masturbarse, para non encontrar o rostro definitivo, a sonrisa exacta. Recapitulou a singradura e por un momento houbo brillo na mirada. Pensou que a encontrara no medio dunha historia titulada Henrique Sexo e na que se prometía todo afeitado e peitos naturais (os implantes agora xa non excitan a ninguén, polo visto). Pero non era ela. O resto da noite fora outra boa colección de escoura sobre orientais, color, lésbico, poña o seudónimo (pelotari) e pídalle en vivo e en directo a postura máis desexada. A xente pide sempre o mesmo. Aburrido era, pero nunca deixaba de buscar. Os tempos foxen, a esperanza permanece. Outra noite, outra busca. Busca, buscador. As máis fermosas. Poña o seudónimo (pelotari). Aprecie a mellor oferta de cibersexo. E veña entrar e veña saír porque ningunha delas tiña o punto xusto da mirada, nin os labres xenerosos. Busca, buscador. Entra, entra, entra aquí que todo o que cae na rede é cona. Entra e a lentamente aparece a imaxe da muller ideal: sorrí coa malicia exacta. Está aí, tan preto, tan lonxe. Ela aí. El aquí, na beira do mar. No medio, un océano de cables.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader