Vieiros Opinión

CONTACTA CON VIEIROS
NOVAS
HOXE AO COMPLETO
OPINIÓN
NO ESCÁNER
GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
ALGO ESPECIAL
ANTERIORES
COMUNIDADE
AXENDA
CHAT-CHAT-CHAT  
FOROS
ENQUISAS
POSTAIS
TENDA
LIGAZÓNS
BUSCADOR
NOVIDADES
TOP100
DOSSIERS
PUBLICIDADE
QUE É VIEIROS

 
Quen produce os contidos na cibersociedade?
Un artigo de: Álex Fernández Muerza
[03/11/2006]

Software libre, copyleft, creative commons, blogs, wikis, web 2.0., xornalismo participativo, Youtube, Flickr, MySpace, Netart… Internet é unha inesgotable e vertixinosa fonte de novidades, de trocos de paradigmas e de modelos comunicativos.


Neste contexto, os xornalistas xa no son os únicos creadores de contidos informativos; os mass media xa no son a Canle de Comunicación; os modelos comunicativos tradicionais xa non serven nunha sociedade na que os cidadáns poden ser, e cada vez máis son, emisores e receptores. Información, comunicación, publicidade y relacións públicas son terreos cada vez máis difusos nos que as posibilidades son enormes.

Nesta avalancha dixital, os profesionales, os protagonistas, os suxeitos activos son tamén variables e evolucionan paralelamente co medio. ¿Quén produce entón os contidos? Esta é unha das preguntas trasversais que percorrerá as aulas virtuais da terceira edición do Congreso ONLINE do Observatorio para la CiberSociedad. Neste contexto de polémica y vixente actualidade, o Eixo Temático "Comunicación y Cultura" conta con doce Grupos Temáticos que ó longo do Congreso debatirán sobre estes e outros aspectos.

Xornalistas, comunicólogos, bloggers, artistas online, e en xeral, calquera persoa interesada en coñecer o que se está a cocer no mundo dos contidos, ten unha cita ineludible do 20 de novembro ó 3 de decembro neste Congreso online. Segundo os seus responsables, grazas á rede xa non é necesariamente unha autoridade central a que produce contidos, nin sequera a que os distribúe; de feito, xunto coas prácticas de software libre, de copyleft, de creative commons, etc., a organización das comunidades en línea permete e ata fomenta que calquera usuario participe tanto na definición coma na construcción desas comunidades e na creación –e aproveitamento– do coñecemento.

Este fervedoiro de novas ideas, novos modelos, leva irremediablemente a preguntarse se se trata de proxectos idealistas, sen futuro, ou se realmente se trata de elementos válidos para unha eventual cibersociedade futura e madura. ¿Compartir contidos ou competir por eles? O mercado editorial, audiovisual, discográfico, xornalístico, e calquera outro que teña basado o seu modelo de negocio nos contidos, atópase ante unha clara disxuntiva á que terá que enfrentarse antes ou despois.

Xornalismo: se non podes con eles, únete
Renovarse ou morrer, di o refrán. As empresas de comunicación e os xornalistas teñen que facer fronte a estes vertixinosos trocos que están facendo cambalear os alicerces dun modelo que se consideraban inamovibles tras manterse con éxito durante séculos.

Pero tamén dicía Nietzsche aquelo de "o que non me mata faime máis forte". Neste caso pode ser totalmente certo: Algunhas das ferramentas cada vez máis populares entre o seu público, tanto os "recén chegados" (blogs, redes sociais, podcasts, wikis, etc.) como os "veteranos" (foros, chats, correo electrónico, hipertextualidade, etc.), de ser asumidas correctamente, poden facer rexurdir unh nova era do Xornalismo, que non a súa fin, como algúns apocalípticos dixitais están apuntando desde os seus atrís virtuais.

Segundo este novo modelo, no que os cidadáns teñen cada vez máis un papel activo, os xornalistas e as súas empresas poden evolucionar, cambiar, mutar, diminuir, desaparecer, ou todo o contrario: Así, por exemplo, o Grupo de Traballo "Xornalismo blog" deixa intuir xa no seu título a gran oportunidade que os xornalistas teñen diante.

Comunicando na Economía dixital
Pola súa parte, o mundo empresarial é outro dos grandes protagonistas da comunicación actual. As empresas forman tamén parte da Sociedade da Información e o Coñecemento, polo que unha boa comunicación convértese nunha ferramenta decisiva, sen que implique necesariamente facer publicidade. Neste modelo de sociedade, emerxen tamén novos espazos económicos: A economía dixital, con multitude de empresas de medios, tecnoloxía e telecomunicaciones experimentando subas –e baixas- espectaculares nas súas cotizacións.

Así de claro téñeno no grupo de traballo "Transformacións comunicativas en organizacións e institucións no contexto da Sociedade da información": "Nun mercado global un producto excelente teno difícil pra sobrevivir en solitario sen unha estratexia comunicativa multicanle que sexa quen de adiantarse permanentemente á competencia".

De tódolos xeitos, o mundo dos contidos non é só xornalismo, comunicación empresarial ou relacións públicas, aínda que sexan os máis visibles. O movemiento do software libre e o establecemento de licencias "Creative Commons" supuxeron outra revolución ó cuestionar outro dos grandes negocios, o da creación de contidos informáticos. Pero a ética, o dereito a compartir, a libertade e o dereito a usar, copiar, mellorar ou distribuir libremente o coñecemento van máis alá do desenvolvemento dun código ou dun programa informático.

Do Software libre ó Netart
Ademáis dos informáticos, toda unha serie de profesionais, como biólogos, lingüistas, artistas... e, en xeral, especialistas de distintos ámbitos, teñen grazas ás Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación a oportunidade de tecer innumerables redes multidisciplinares entre arte, ciencia, tecnoloxía e sociedade, como se demostra en varios dos grupos de traballo.

En definitiva, este III Congreso ONLINE do Observatorio para la CiberSociedad, baixo o título Coñecemento Aberto, Sociedade Libre, volve a convertirse nun lugar de referencia na análise do cibersocial, continuando o camiño iniciado cos dous congresos anteriores, celebrados en 2002 e 2004, cando milleiros de persoas de todo o mundo tomaron parte nun mesmo espacio online, e onde se puxeron en común centos de comunicacións, reflexións, artigos científicos, etc.

As datas de inscripción e de envío de comunicacións xa están abertas -ata o 20 e 5 de novembro, respectivamente- e algunhs das súas preguntas chave, tamén: ¿Qué é e cómo se constrúe (construirá) a sociedade do coñecemento? ¿É posible un coñecemento libre ou aberto?





Álex Fernández Muerza

Xornalista científico e colaborador en diversos medios, desde El País a Muy Interesante. É creador e editor de Divulcat. Membro do Observatorio para a Cibersociedade.




Ver todos os artigos de Álex Fernández Muerza

© Vieiros