Durante o acto con motivo á celebración do terceiro aniversario do Programa Nacional de Medicamento Integral Comunitaria, o presidente venezuelano, Hugo Chávez, indicou que o Estado venezuelano outorgará a condecoración Simón Bolívar "a cada un dos cinco heroes cubanos presos en Estados Unidos".
Asemade anunciou que se iniciarán os preparativos para a realización do acto, ao que convidou aos familiares de Gerardo Hernández, Ramón Labañino, Antonio Guerrero, Fernando González e René González.
O acto tamén contou coa participación de familiares das vítimas do atentado do avión cubano en Barbados. Irma Sehwerert, nai de René González; Aili Labañino, filla de Ramón Labañino; Camilo Rojas Álvarez, coordinador do Comité de Familiares de Vítimas do Avión de Barbados e Rosalía Álvarez, filla de Ramón Antonio Álvarez, estaban entre os que entregaron un cadro ao presidente Hugo Chávez e ademais un selo conmemorativo da traxedia da aeronave cubana.
O presidente venezuelano declarou recibir de bo agrado, en "nome do pobo venezuelano" o recoñecemento e esixiu á Administración Bush que extradite ao terrorista Posada Carriles, acusado de planear o atentado contra un avión cubano que despegara de Barbados, crime que deixou como saldo a morte de 73 persoas, delas 57 cubanos, entre os que se achaba a equipa xuvenil de esgrima cubano.