Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
XXIII COPA GALICIA SÉNIOR MASCULINA

O baloncesto olla esta fin de semana para Ponteareas

Beirasar Rosalía e C.B. Breogán parten como favoritos nunha competición que serve para dar comezo á competición oficial dos equipos galegos.

Redacción - 09:30 05/09/2008
Imaxe do partido que dou a clasificación ao Gestibérica

Imaxe do partido que dou a clasificación ao Gestibérica

Este venres dispútase a fase final da Copa Galicia de baloncesto, no pavillón municipal de Ponteareas. A xornada comeza ás 18:00 horas co partido entre o Beirasar Rosalía e o Ourense Grupo Juanes. Os de Compostela intentarán facer valer o seu papel de favoritos, ao ser un dos representantes que o baloncesto galego ten na Adeco LEB Ouro.

O outro clube da segunda categoría estatal é o C.B. Breogán. O equipo lucense foi o último en saber o seu rival, o Gestibérica Cidade de Vigo adestrado por Manuel Povea. Estes últimos acadaron o pase ás semifinais despois de vencer ao Estudiantes de Lugo por un claro 91 - 52. O comezo da segunda semifinal está previsto para as 20:15 horas. Os vencedores dos partidos do venres atoparanse o sábado na final, a partir das 20:00 horas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: