Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Avoga polo "bilingüismo cordial"

Feijoo cre que estamos "ante o inicio dun conflito lingüístico que se pode enquistar"

"En Galiza non había ningún problema e hoxe hai moita xente que non está de acordo coa política lingüística da Xunta", di.

Redacción - 14:40 24/08/2008
Imaxe promocional do PPdeG

Imaxe promocional do PPdeG

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, asegurou este domingo que Galiza está "ante o inicio dun conflito lingüístico que se pode enquistar" e que, segundo el, pode "callar en determinadas capas da sociedade", algo que cualificou como "un grave erro" por parte do Goberno.

Nunha entrevista concedida ao xornal español El País, Feijóo salientou que durante dúas décadas se mantivo "a salvo a convivencia pacífica e cordial das linguas" e, fronte a iso, considerou un "erro político" do Executivo "romper unilateralmente" o consenso que atopou cando chegou ao Goberno.

"En Galiza non había ningún problema e hoxe hai moita xente que non está de acordo coa política lingüística da Xunta", insistiu o dirixente popular, que asegurou que el ha tentar "volver recuperar un bilingüismo cordial".


1,36/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: