O acordo no seo do Goberno fai que o BNG retire a súa proposición de lei.
Instalacións da CRTVG en Compostela
A Secretaría Xeral de Comunicación anunciou que lle encargará a un grupo de expertos a elaboración do borrador de reforma da Lei da CRTVG, para presentar o texto este mesmo ano. Os asesores fará achegas ao un proxecto de lei que pretende poñer ao día os medios de comunicación públicos.
Entre os cambios previstos polo Goberno, e cumprindo co compromiso do presidente da Xunta, están a nova configuración xurídica do ente público, a modificación dos órganos de dirección e un cambio no sistema de funcionamento.
Coincidindo con este anuncio, o grupo parlamentario do BNG retirou a súa proposición de lei para a reforma da CRTVG que presentara en xaneiro. A retirada débese ao acordo acadado no bipartito para levar á Cámara un novo texto, aínda que fontes nacionalistas non aseguran se se poderá designar un novo director xeral nesta lexislatura.