A
Igrexa Maradoniana festexa desde pasada a media noite deste martes o aniversario número 47 de Diego Armando
Maradona, con condimentos como o casamento de dúas parellas mexicanas que veneran ao astro futbolístico e o sorteo dunha camiseta asinada por
Lionel Messi.
Baixo o lema "Noite boa e nadal maradoniano (ano 47 D.D.)", a igrexa Maradoniana organizou a cea e a festa no Club Leloir, situado na cidade de Ituzaingó. Durante a comida proxectáronse imaxes que percorreron a traxectoria do xogador, espectáculos musicais e sorteos, entre os que se agasallou unha camiseta asinada por Lionel Messi, quen é "fiel" á igrexa.
Ademais dos festexos por Maradona, quen cumpriu 47 anos este martes, a igrexa celebrou o matrimonio de dúas parellas de mexicanos, oriúndos de Veracruz, quen serán os primeiros estranxeiros en casar baixo o ritual da organización que venera ao "D10S" (xogo de letras e números que compoñen a palabra deus en castelán).
"Dixéronnos que querían casar pola igrexa Maradoniana e despois por civil e pola Igrexa en México, así que prometeron dicir ata o último dos seus días que Diego foi e será o máis grande futbolista de todos os tempos", dixo Alejandro Verón, un dos creadores desta "devoción maradoniana".
A
Igrexa Maradoniana é un movemento que desde
1998 reúne aos seguidores máis radicalizados de Maradona e na actualidade conta con máis de 40 mil "fregueses" de 60 países . Ademais, mantén dez mandamentos:
- A pelota non se mancha, como dixo D10S na súa homenaxe
- Amar ao fútbol por riba de todas as cousas
- Declarar o teu amor incondicional por Diego e o bo fútbol
- Defender a camiseta arxentina, respectando á xente
- Difundir os milagres de Diego en todo o universo
- Honrar os templos onde predicou e os seus mantos sacros
- Non proclamar a Diego en nome dun único club
- Predicar os principios da Igrexa Maradoniana
- Levar Diego como segundo nome e pórllo ao teu fillo
- Non ser cabeza de termo e que non se che escape a tartaruga. Son expresións maradonianas para referirse, no primeiro caso, a unha persoa moi desprezábel, e no segundo, a facer unha parvada.