No ano 2000, senllos equipos de científicos austríacos e estadounidenses agoiraron que para o ano 2003 xa estarían listos os dous ladrillos básicos dunha nova e inimaxinable internet: ordenadores cuánticos e redes cuánticas. Aínda que discretamente, a profecía cumpriuse polos pelos, o cal non deixa de ser sorprendente nesta época de prognóstico doado e memoria lábil. E aínda que estamos lonxe de que ambas as dúas cousas cheguen ó gran público, o feito de que se estea a cumprir co calendario converte nunha realidade posible e próxima a utilización das fantásticas potencialidades do mundo cuántico. Poden ler o artigo de Luis A. Fernández Hermana no Canal Fwwwrando onde tamén lles contamos do comezo do congreso de xornalismo dixital en Huesca.
.