Vieiros
no nome do pais


Un grupo de persoas de diferentes ámbitos profisionais unidas polo comun propósito de recuperar para o país o nome de GALIZA como sinal de identidade colectiva presentan a Proposta Galiza 2001 Inicialmente un grupo de xente, de sensibilidade reintegracionista, que avanzou cara un colectivo heteroxéneo con vontade de debater sobre a orientación do estado en normalización lingüística e cultural. O grupo promotor proxecta realizar nos próximos meses iversas actividades de cara a potenciar na sociedade galega o debate en torno a esta cuestión. Serán presentadas nun acto o sábado 21 de xullo, xunto coa lista de persoas a quen se pediu o seu apoio en diferentes ámbitos sociais e culturais.

Os convocantes do Manifesto Galiza teñen a convicción de que as sociedades avanzan cando hai confrontación e debate. En verbas do profesor Elias Torres, catedrático de Literatura Portuguesa da Universidade de Santiago e un dos organizadores, "Hai unha excesiva calma en termos de normalización cultural, en todas as dimensións do tecido productivo galego. Pensamos que era importante facer algo".

Coa idea de discutir sobre as posibilidades que unha opción normalizadora pode ter para a sociedade o grupo matinou nalgo concreto que tivese capacidade para mover á xente.

"Pensamos que o nome de Galiza, o nome lexitimo do país, que está na tradición da reivindicación galeguista histórica, podería ser un elemento interesante dunha certa afirmación de vontade, optimista frente a calquera tipo de resignación", dinos Torres.

Fronte a unha realidade acrítica, "consideramos que é bo que pasen cousas e que se fagan cousas. No campo cultural e en sentido amplo".



Vieiros | Proposta Galiza 2001 | As opinións dos lingüístas | As razóns do Z para pasar á gloria