|
O valor do inmaterial
A candidatura galego portuguesa non supera a peneira da Unesco
[25/11/2005] O xurado da Unesco encargado de avaliar as 66 candidaturas que se presentaron para optar ao recoñecemento de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade decidiu non proclamar na edición deste ano a candidatura galego-portuguesa. Quen si obtivo o visto bo do xurado foi a candidatura brasileira do Samba-de-Roda no Recôncavo Baiano, promovida polo propio presidente Lula da Silva, e a catalá do Patum de Berga. A Unesco elixiu 43 candidaturas como Obras Mestras da Humanidade deste ano. Os promotores da candidatura galego-portuguesa non ocultan a súa decepción, pero aseguran que o traballo realizado para a posta en valor do patrimonio inmaterial galego-portugués terá continuidade. De feito, a acta do xurado recolle unha serie de recomendacións para volver presentar a candidatura noutras edicións, facendo fincapé na necesidade de concretar as manifestacións do patrimonio inmaterial galego portugués máis susceptíbeis de seren protexidos e promocionados. A web oficial da candidatura abre agora cunha lenda: "A cultura galego portuguesa é, para nós, Obra Mestra!". O Patrimonio: sen resposta do presidente da Xunta e coas portas dos ministerios pechadas [24/11/2005] Este xoves coñeciamos que o presidente da Xunta decidiu non estar en París no acto onde se saberá se finalmente as tradicións orais galego-portuguesas son declaradas pola Unesco coma Obra Mestra da Humanidade. Alén disto, os promotores da candidatura aínda agardan que Emilio Pérez Touriño acceda a recibilos ou, cando menos, lle remita por escrito á Unesco o compromiso coa iniciativa desde a presidencia da Xunta. Á beira, o défice de apoios institucionais inclúe o silencio dos ministerios de Educación e Agricultura españois, mentres os seus homólogos portugueses asomen o protagonismo na difusión. Mentres, a ministra de Cultura, allea ás recomendacións aprobadas no Congreso, restrinxe o seu apoio á candidatura en defensa do "flamenco" que ela mesma iniciara cando estaba na Junta de Andalucía. Con todo, xa está confirmada a presenza na sede da Unesco en París da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e do secretario xeral para a Emigración, Manuel Luís Rodríguez, no que Touriño delegou a representación da presidencia da Xunta. O itinerario dun soño [21/10/2005] A UNESCO, no ano 99, decidiu abrir unha nova liña de protección do Patrimonio tras chegar á conclusión de que corren máis perigo as culturas e os saberes conservados polas persoas, que os monumentos ou as paisaxes. Pouco despois, a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués ponse en marcha. Do lakalaka da "illa dos amigos" ás herbas do "país dos médicos" [21/10/2005] En esgrevios recunchos das montañas ao norte de Bolivia vive a comunidade kallawaia, expresión que seica pode traducirse por "país dos herboristas da terra sacra da menciña". Precursores dos actuais homeópatas a especial "cosmovisión andina" desta xente mereceu o recoñecemento da UNESCO na listaxe de obras mestras do patrimonio inmaterial aprobada hai dous anos. Da Sociedade das Nacións á "batalla" de Montevideo [24/11/2005] A proclamación pola Unesco do patrimonio inmaterial galego portugués como Obra Mestra da Humanidade, de producirse, non sería o primeiro recoñecemento por un organismo internacional da realidade diferenciada de Galiza. O primeiro e máis significativo aconteceu no IX Congreso de Minorías Nacionais Europeas, organismo adxunto á Sociedade das Nacións, reunido en Berna (Suíza) do 16 a 18 de setembro de 1933. Alí, e grazas á intervención do Partido Galeguista na figura de Plácido Castro, o organismo que se convetería na actual ONU, recoñeceu a condición nacional de Galiza, "a súa identidade diferenzada, con idioma, cultura e costumes propios, e ao dereito a dispor libremente do seu destino". Un recoñecemento que xa se producira anteriormente na III Internacional, neste caso como "nación asoballada", segundo conta Castelao no Sempre en Galiza. A opinión de... [16/11/2005] Falando sobre o noso patrimonio inmaterial [16/11/2005] A recta final [21/10/2005] Axenda de actos de promoción da candidatura. O patrimonio inmaterial como factor de desenvolvemento [21/10/2005] Non se trata de facer un museo co patrimonio inmaterial galego-portugués. Todos estes elementos culturais de tradición oral poden ser recuperados como factores de desenvolvemento. Son as potencialidades dunha tradición que se proxecta no futuro. Apoio institucional á candidatura galego-portuguesa á Unesco [27/10/2005] O parlamento galego aprobou por unanimidade unha declaración institucional de apoio á candidatura do patrominio inmaterial galego-portugués. Pero o respaldo institucional á inicitiva de "Ponte... nas Ondas!" chegou tamén desde Bruxelas. A División de Patrimonio Inmaterial da UNESCO recibiu este xoves en París a declaración de apoio á candidatura galego-portuguesa de varios membros do Parlamento Europeo, que entra na fase final das proclamacións das Obras Mestras da Humanidade. Para que serve sermos Obra Mestra da Humanidade [23/11/2005] En 2001 proclamáronse 19 candidaturas a Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade, catro delas multinacionais, igual cá candidatura galego-portuguesa deste ano. Este ano, a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués terá competidoras nos proxectos de México -que concorre coa imaxe pública de Carlos Fuentes-, e en expresións coma o taekwondo ou o flamenco, candidatura que presenta a Junta de Andalucía en colaboración con entidades de Marrocos e Túnez. O labirinto institucional da candidatura [21/10/2005] Principais fitos da para a presentación e asunción institucional da candidatura do patrimonio inmaterial galego portugués para optar ao recoñecemento de Obra Mestra da Humanidade pola Unesco. O Teatro Fraga de Vigo acolle a presentación dos Meniños Cantores [07/11/2005] O proxecto Meniños Cantores, que consta dun libro, un CD e un DVD escritos e gravados por nenos de 17 escolas galegas e portuguesas, será presentado nunha gran gala que se vai celebrar no Teatro Fraga de Vigo este luns, día 7 de novembro. Esta obra, segundo explicou Santiago Veloso, de "Ponte... nas Ondas!", remitirase ao xurado internacional que decidirá sobre as candidaturas que optan a ser consideradas Obra Mestra da Humanidade. Veloso considera que este proxecto será decisivo para o éxito da candidatura do patrimonio inmaterial galego portugués. As invitacións para asistir á gala, presentada por Carlos Blanco, pódense solicitar no teléfono: 986 369192. Novo pulo á candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués desde Compostela [24/10/2005] Un desexo común púxose de manifesto este sábado, no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, que o próximo 25 de novembro a UNESCO recoñeza ao Patrimonio Inmaterial Galego – Portugués coma Obra Mestra da humanidade. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, presidiu o acto institucional de presentación desta candidatura en Compostela manifestando estar "namorada" desta iniciativa pondo de relevou o apoio do seu departamento indicando que "decidimos mergullarnos nesta candidatura e defendela con uñas e dentes". No acto tamén interviron o presidente do Padroado do Museo do Pobo galego, Isaac Díaz Pardo, o académico Francisco Fernandez rei e o presidente de "Ponte..nas ondas!", Santiago Veloso. 1.500 persoas asisten no Porto á presentación de "Meniños Cantores" [11/11/2005] Gran éxito na primeira das presentacións de "Meniños Cantores" en Portugal. Máis de 1.500 persoas encheron o auditorio da Casa da Música no Porto para asistir ao espectáculo multimedia no que se presentou o traballo "Meniños Cantores", o libro-disco-dvd que ofrece unha visión innovadora e moderna da tradición oral galego-portuguesa coa participación de escolares de 17 escolas de Galiza e Portugal. Por outra parte, continúa medrando o apoio en liña á candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués: xa case 3.000 persoas asinaron o manifesto. A Facultade de Ciencias de Comunicación respalda a candidatura do patrimonio inmaterial [10/11/2005] A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC amosou o seu apoio á candidatura do patrimonio inmaterial galego portugués á Unesco. A Facultade decidiu unirse a esta iniciativa civil tendo en conta que o patrimonio oral actual "é o resto do primeiro medio de comunicación de masas que existiu nas distintas sociedades e o exemplo vivo máis claro de como se transmitían noticias a distancia e como estas perviviron no tempo". Tamén a Facultade de Filoloxía da USC ten programado para o vindeiro día 23 de novembro unha serie de actos de apoio á candidatura, entre eles, unha conferencia do catedrático de Antropoloxía Social, Marcial Gondar.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||