Quick Magic

A editorial galega Filloa Records presenta o seu novo CDRom, Quick Magic, un producto integramente feito en Galicia pola productora Dygra coa colaboración especial do Mago Antón.

Quik Magic é entre moitas outras cousas un editor de efectos máxicos cun potente programa moi fácil de usar (a partir de 8 anos a opción básica e ata 100 anos a avanzada), que converte o computador nun maletín de maxia que só obedece ao usuario, permitíndolle preparar espectáculos que o convertan no centro de atención de festas, vodas, aniversarios, conferencias, actos públicos, etc.

Mais antes de converterse en mago, o aprendiz-xogador debe demostrar a súa habilidade superando probas e xogos on diferentes niveis na mítica Biblioteca do Mago Merlín. O Mago Antón é o teu mestre, mais tamén o teu cómplice, xa que con él aprenderás os segredos da maxia e descubrirás en poucos minutos algunhas das trécolas que empregan os magos para fascinaren o público.

Quick Magic sae á venda este Nadal e acompañará nos andeis de todos os centros comerciais o CDRom Bicho, o anterior traballo de Filloa Records que está a ter un importante éxito de crítica e público e que recibiu o premio nacional de deseño Trofeo Lauss ao mellor Multimedia, así como 3 premios Agapi. Nun principio Quick Magic edítase en castelán xa que está pensado para o amplo público hispanoamericano.

 



Árbore de Nadal | Presentes galegos