Vieiros BO NADAL
Non sería posible que Vieiros saíse á rede ininterrompidamente dende febreiro de 1996 se non fose pola axuda e o cariño dos nosos lectores e lectoras. Por iso, neste ano novo queremos agasallarvos cunhas pequenas sorpresas:

• O libro Martázul, de Xosé Antonio Perozo. Premio Blanco Amor 2001. A historia dunha moza libre, independente e amoral fronte á sociedade moderna.
En PDF (1 M) ou para descargar como ZIP. Cedido pola editorial Ir Indo.

Fondos de pantalla para o teu computador da xeración máis nova da pintura galega: obras de Héctor Francesch, Jorge Cabezas, Matalobos, Brandariz, Dorda, Elena Corredoira e Victoriano Fernández. Realizadas en colaboración con Bravú.

• Tamén en colaboración con Bravú un conto de nadal ilustrado, realizado polos autores de banda deseñada Kike Benlloch e Jano.

• E para comezar o ano con bo pé, a AxendaVieiros, a primeira axenda electrónica galega. Unha ferramenta imprescindible para ter sempre ao alcance dun clic todos os amigos, os recados, as citas, as lúas, as efemérides...




Pechar