NADAL 2000
Así foi o 2000: Cousas de Galicia (3)

5. A rede, o mellor lugar para reivindicar
6. Mundo empresarial e un incipiente comercio electrónico
7. O galego e a Internet


5. A rede, o mellor lugar para reivindicar

Na rede reproducíronse todo tipo de plataformas e reivindicacións por causas puntuais e non tan puntuais. Os reis da protesta na rede son, sen dúbida, os ecoloxistas. Dende a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa contra os depósitos de Ferrazo no porto de Vilagarcía ata a loita contra os encoros. Quizabes fora esta última a reivindicación máis numerosa en páxinas e en actos (reais). Vexan algunhas webs: Pola defensa dos ríos galegos, contra os encoros do Ulla, Asociación Cachoeira, e as clásicas de organizacións como a FEG ou Adega.

Pero houbo máis: Empacadora Non!" contra a instalación dunha planta en Vilaboa e contra o plan Sogama ou a Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo, na que se expoñen os argumentos e alternativas contra a contra a construcción desta estrada. Ou, como non, os lumes que arderon en Galicia durante todo o verán.

Un dos conflictos que máis trascendencia tiveron foi o enfrontamento Xunta-Benposta. A Nación de Muchachos tiña unha web sobre esta comunidade de mozos e mozas e nestoutra pódese ler a versión dos seguidores do Padre Silva. Tamén os presos do cárcere de Teixeiro publicaron unha carta na que denunciaban as palizas e torturas propinadas nesta institución penitenciaria e anunciaban que entrarán en folga de fame a partir do 18 de xuño.

Dende o 8 de marzo a Marcha Mundial das Mulleres percorreu todo o mundo pedindo igualdade para o xénero feminino. E, obviamente, tamén pasou por Galicia, onde a Coordenadora Nacional da Marcha 2000 na Galiza mobilizou ás féminas do país. Na maior concentración europea estiveron presentes 300 mulleres galegas. Contóunolo neste artigo Fina Casal, xerente da Galería Sargadelos de Ferrol. Estas mobilizacións remataron o 17 de outubro en Nova York diante da sede das Nacións Unidas. Alí houbo unha representante galega, Lupe Ces.

As declaracións de Fraga sobre o caso Pinochet, o Holocausto naci, a valoración sobre as parellas de feito, etc. provocou a creación dun Manifestocontra as declaracións de Fraga, que podía ser asinado en liña polos internautas. Inicialmente asinado por distintas personalidades da vida pública galega, subscribiron este documento preto de mil persoas.

Outro centro da polémica foi a raia Leste de Galicia. O Concello de Veiga do Valcarce (Bierzo) fixo un "amago" de desexo de anexión a Galicia e o asunto trouxo cola en todos os medios de comunicación. Moitas webs naceron ao abeiro desta reivindicación: o colectivo Fala Ceibe do Bierzo, a da Plataforma Cidadá pola Intervención Militar na Raia Leste (medio de coña, supoñemos) e Reunificación Territorial de Galiza (achega numerosos datos históricos, mapas e noticias recollidas dos medios). Tamén tivo moito éxito a petición de indulto a independentistas galegos, que tamén foi apoiada por varios intelectuais do país.


Arriba

6. Mundo empresarial e un incipiente comercio electrónico

A febre do comercio electrónico tamén chegou a Galicia, aínda que o seu éxito foi ben dubidoso. Ao longo do ano xurdiron importantes e caros proxectos, como Galimarket, , a tenda virtual da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Consellería de Industria e de Comercio. A outra "estrela" foi ComarcasdeGalicia.com, un portal de comercio electrónico para os pequenos productores, empresarios e artesáns galegos que foi presentado pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal. Caixa Galicia tamén o tentou ao abrir o seu centro comercial virtual chamado La Galería.

E logo outros optaron por traballar en sectores concretos. É o caso de TodoMarisco.com;Frisona.com, subhastas de embrións de gando vacún dende Vegadeo; "AD" e "U", as dúas liñas coas que Adolfo Domínguez pretende conquistar o ciberespacio; pizzas a través da rede (acordo entre Pizza Móbil e o portal de ocio Vivebien.com) ou o propio Milladoiro, que agora vende discos dende a súa propia web. Pero hai máis: obxectos relixiosos da man de AlmacenesMartinez.com, un establecemento lugués; computadores dende a tenda en liña da empresa viguesa Así-red, ou unha gaita (ou calquera outro instrumento musical tradicional) do obradoiro artesán Musical JR.

Púxose as pilas a Universidade de Santiago ao poñer en liña Unitenda.com, unha web dende a que se venden os productos relacionados con esta universidade. Nela pódese elixir entre unha gran variedade de artigos da USC, cos seus logotipos ou con deseños inspirados no patrimonio desta universidade: reloxos, música, papelería, pel, complementos, téxtil, deportes, etc. Tamén engaden interesantes ofertas de computadores para a comunidade universitaria. Tamén o Deportivo da Coruña abreu Deportienda.com onde se pode conseguir todo o "merchandising" branquiazul.

Iso si, estreáronse numerosas e importantes webs como Zara.com,http://www.inditex.com/" TARGET="_blank"> Inditex ou o propio Banco Pastor, acalando críticas por todas partes por chegaren tan tarde á rede. Démoslle tamén a benvida a XesGalicia, a sociedade xestora dos fondos de capital risco creados pola Consellería de Economía e financiados principalmente a través do Igape; e a Unixest, a Sociedade Xestora de Intereses da Universidade de Santiago S. L.

En novembro presentouse en Vigo MadeinGalicia.com, un portal de negocios na rede para fabricantes. É o que se chama en xiria 'interneteira', un portal B2B (business to business), para contactos entre empresas. Claro que na Costa da Morte xurdiu ASOEM.net, un portal creado polas asociacións de empresarios de Mazaricos e Ponteceso, ademais doutras empresas de Coristanco e Santa Comba. Este proxecto, financiado polo programa Recite II da UE, pretende introducir na rede as empresas desta área. Tamén se creou Mercalar.com, un portal inmobiliario galego.

A aposta máis forte do ano foi a creación dun importante grupo de comunicación ligado a Unión Fenosa: Soluziona. Del forman parte dez empresas e o seu buque insignia é Cesatel, o primeiro provedor galego de servicios de Internet. Soluziona integra todos os servicios profesionais da empresa eléctrica, ten 4.500 traballadores, está presente en 37 países e... pretende entrar en Bolsa.

O que si proliferou foron os masters arredor do comercio en Internet. Vexan se non: Máster en Comercio Electrónico da USC e Master en e-Business, do Instituto de Desarrollo Empresarial de Madrid, que comezou en novembro tamén en Santiago.

E quen deixou as cousas claras foi o Banco Pastor. Na Xunta Xeral de Accionistas celebrada en maio revelaron os seus plans de futuro. E futuro é igual a Internet, segundo eles. ¿Por que? Porque lles permitirá multiplicar a capacidade de crecemento do banco con menos custes. "Todos somos iguais na pantalla", din. De feito, xa falaron dos resultados positivos que está a dar a súa sucursal na rede, OficinaDirecta.com, que deu xa uns 300 millóns de beneficio no exercicio pasado.


Arriba

7. O galego e a Internet

Este foi un ano de boas novas para o software galego, en boa parte gracias ao traballo desinteresado de moitos voluntarios. En marzo aterraba un traductor español-galego chamado A Taiga. Traballa cun diccionario de 8.000 palabras (baseado fundamentalmente no Diccionario de Estravis) e 2.000 verbos e traduce arquivos de texto, páxinas web e frases tecleadas. Tamén reintegracionista é o corrector ortográfico de galego-portugués chamado Corrector-AGAL que se pode solicitar a este enderezo electrónico: corrector-agal@starmedia.com.

Tamén neste ano coñecemos a existencia de O Trasno, un proxecto adicado á adaptación á lingua galega do sistema GNU/Linux e ao software libre en xeral. Pretende ser o punto de encontro onde se reúnan todos aqueles que traballan en calquera dos aspectos que abrangue esta adaptación.
E os rapaces de Galego21.org, a plataforma polo galego na informática, presentou ao longo do ano numerosos programas na nosa lingua. Á parte do navegador Xis 4.03, agora pódese descargar o Mozilla, a versión galega do que será o vindeiro Netscape (o futuro Xis 6). Outra das novidades é o LeechFtp 2.3, un excelente cliente de FTP, o WinAmp 2.64, o WebCopier, o mellor navegador Off Line de balde que hai no mercado; o NetVampire 3.3, para descargar arquivos dende calquera servidor; o Easy CD-DA Extractor 4.2.0, que converte pistas de audio CD en ficheiros de son; e o Windows Commander 4.51, que mellora a xestión de arquivos, directorios e unidades.

Pero isto non foi todo, o Proxecto Xis de Galego21.org tamén traduciu o Install Maker, que crea instalacións de aplicacións; o ConText, un excelente editor de texto; o CplusWin, un decodificador de onda e o Word en galego. Tamén o Netvampire 3.3, o Bloc de Notas para o Windows 2000, e o Nais e Pais polo Ensino en Galego incluíu na súa web varios xogos para os máis pequenos. E o SETI@home, o experimento científico que aproveita o potencial de centos de mcia extriles de computadores conectadas a Internet para a busca de intelixenaterrestre, tamén estreou versión galega. Un mozo catalán, Joan Grabuleda, infórmanos de que r ealizou un programa de facturación destinado á pequena empresa e a traballadores autónomos que se pode baixar en galego, catalán, euskera e español. Factura é un programa de balde que serve para realizar facturas e albaráns.

E as reivindicacións na rede non cesaron: voltaron con forza as Ciberirmandades da Fala, a organización pioneira de defensa do galego na rede. E o colectivo Fala Ceibe do Bierzo estreou web. Tamén nos enteramos de que un equipo da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo está traballando con Telefónica na elaboración dun conversor de texto en voz en galego. E tamén de que o buscador Google na sección 'World' inclúe o galego como unha das linguas nas que se poden atopar recursos, ademais de catalán, vasco, galés, esperanto, etc.


1. A Rede en Galicia
2. O mundo das telecomunicacións
3. Noticias na rede e novos medios ("A febre do ouro")
4. A cultura e o lecer na rede

8. Internet na educación
9. A TVG e as cámaras web por todo o país
10. Eleccións e política
11. Emigración na rede
12. O deporte: un ano de éxitos
13. Turismo 'on line'

Vieiros | Así foi o 2000: Cousas de Vieiros | Nadal en Vieiros | Arriba