NADAL 2000
Os
agasallos de Vieiros |
|
 |
 |
Mar, do último disco dos Túzaros, de título homónimo
Quin2tres, do traballo 'A
lóxica aplastrante do comité de propaganda',
polos Papaqueixos
O fin do mundo, extraído da maqueta do
vindeiro disco dos Zënzar, gravado
na Coruña en novembro do 2000. |
|
| Da iniciativa No país da
brétema (en caló 'And-o them katar i muxli') de apoio ao pobo xitano podedes
baixar varios fondos de pantalla coas obras de 14 artistas plásticos galegos da talla de Menchu
Lamas, Pamen Pereira, Xaquín Marín, Siro... |
 |
|
 |
Narrativa:
Males
da cabeza, libro de relatos de Fran Alonso que publica Vieiros en exclusiva. En febreiro
sairá en papel da man de Edicións Xerais. En formato PDF.
Por conto
alleo, de Camilo Franco. O primeiro libro electrónico de Galicia, publicado en formato
PDF logo dun pioneiro experimento literario na rede que consistía en publicar un relato cada
día a partir das palabras enviadas polos internautas.
Poesía:
ícaro, de Rafa Villar, segunda edición desta
obra, xa publicada en Portugal no 99 pola editorial Tema. É o primeiro libro dunha
triloxía, da que vén de aír do prelo o segundo volume, 'Días de
Sherezade', en Espiral Maior. Podédelo baixar en formato PDF ou a
través dun executable. Cortesía de Retagarda
Edicións.
os veos da paisaxe, poemas que Eduardo Estévez
rescata do baúl dos recordos. Levaban aí catro ou cinco anos, di el, e son unha
reescrita dun libro de Eduardo Mileo, ademais de procurar ser unha homenaxe aos haikus xaponeses.
Podédelo baixar en formato PDF ou a través dun executable. Cortesía de Retagarda Edicións.
O libro dos cans, último e minimalista libro de
Estevo Creus, con ilustracións feitas por el mesmo. Podédelo baixar en formato PDF ou a través dun executable. Cortesía de Retagarda Edicións.
|
|
| Dende esta páxina podes enviar postais de Nadal aos teus amigos de
todo o mundo a través de Vieiros. E podes facelo utilizando ilustracións sobre estas
festas realizadas por xente como Xaquín Marín, Xan Muras, Kiko Delgado, Xulia Barros,
Noemí López ou Paula Paradela. |
 |
Vieiros | Así
foi o 2000: Cousas de Vieiros | Así foi o 2000: Cousas de Galicia |