Felicitación da Xerencia para a Promoción do Camiño de Santiago "Todos han de acoller con claridade e respecto ós peregrinos, ricos ou pobres, que volven ou van, ó lugar de Santiago, xa que quen os acolla e hospede con coidado terá como hóspede, non só a Santiago, senón tamén ó mesmo Señor" A Consellería de Cultura e Comunicación Social desexa a todos cantos, nestes días do Nadal, andan polos camiños do mundo con esperanza e boa vontade, que 1997 se lles presente como un renovado horizonte na súa ruta. Desde esta Galicia, onde o horizonte leva á face sorrinte e amable do Apóstolo Santiago, sabemos ben do esforzo diario do camiño, pero tamén da íntima e aberta satisfacción da chegada. BO NADAL |