|
|
|
"É un cañoto grande dun
árbore, que nas montanas do leste da provincia de
Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras,
botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan
queimar deica a mitá, e o que queda gárdano
pra cando hai treboada; entón, bótano de novo
a arder na lareira, pra arredar o pedrazo e os raios.
Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla pra
botaren nos eidos, o cual sí que é un
verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais
tamén tén relación coa presencia das
ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do
lume. |