Museo do Humor

Museo do Humor
Casa da Cultura.
Fonte do Campo s/n.
15500 Fene (A Coruña)
Tel.: +34.81.34 14 51
Fax: +34.81.34 24 00

Situado na Casa da Cultura de Fene, na bisbarra de Ferrol, o Museo do Humor é o único do seu xénero en todo o Estado español.

Nas súas salas poden contemplarse máis de mil orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo (Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, Máximo, Vázquez, René de la Nuez, Mort Walker, Fontanarrosa, etc.).

Dirixido por Xaquín Marín, o Museo convoca anualmente os premios Curuxa do Humor nas vertentes gráfica, literaria e fotográfica e organiza, dende o seu nacemento en 1984, as Xornadas do Humor.

Pode visitarse en días laborables de 9:00 a 12:00 e de 17:00 a 20:00 h


Neste espacio inclúese a Mostra de clásicos da exposición "From Galicia with humor" que o Museo do Humor do Concello de Fene, en colaboración coa Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, presentou no I Congreso Internacional do Humor Hispánico que, organizado pola West Chester University, tivo lugar no Penn Tower Hotel de Philadelphia do 29 de setembro ó 1 de outubro de 1995.

Nestas páxinas pódense ver os orixinais de:
Cao | Ribas | Cebreiro | Fernández Mazas | Maside | Padín | Castelao
Seoane | Torres | Vidales Tomé.


English version | Volver a Vieiros.

item:)aga