Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Rianxo 1886 - Buenos Aires 1950
Foi o principal impulsor e autor que tivo o debuxo de humor en Galicia. Debutou en Madrid no II Salón de La Caricatura (1908). Traballou logo en Galicia Moza, O barbeiro Municipal, Mi tierra, La Voz de Galicia (B. Aires), Suevia, A Nosa Terra, El Sol (Madrid), El Pueblo Gallego, El Parlamentario (Madrid), La ilustración gallega y americana (Madrid), Suevia(B. Aires), Nós, Galicia, Bohemia (La Habana).
Os seus traballos teóricos, as súas conferencias, o seu compromiso político que o levou a morrer no exilio, a súa actitude de total integración do ser galego, fan que a súa personalidade sexa de vital importancia non só coma punto de partida do humor gráfico galego, senón como referencia de calidade parangonable cos grandes mestres de todo o mundo.
Bibliografía resumida:
Cousas. Cousas da vida. Sempre en Galiza. Un ollo de vidro. As cruces de pedra en Galiza,...

­ ¿ Por qué non lle das de comer ó can?

­ Para o que traballa...

­ Pois entón ¿por qué non o matas?

­ Para o que come.

Retroceso Museo
Museo do Humor
Avance