Concello de Fene


Casa do Concello.

Localización Limita co concello de Neda ó N.; co de Cabanas ó S.; cos de Neda, Cabana e A Capela ó E.; e cos de Ares, Mugardos e a Ría de Ferrol ó O.
Habitantes 15.375
Superficie25,9 km²
CapitalFene
ParroquiasSan Valentín, Fene, Perlío, Barallobre, Maniños, Limodre, Sillobre e Magalofes.
Comunicacións
Por estrada:
N-VI, Madrid-Ferrol; comarcal 122 por Mugardos e, en dirección oposta, por Lavandeira cara ás Pontes.
Por tren:
vía férrea Ferrol-Betanzos, con apeadoiro na parroquia de Perlío.
DistanciasÁ Coruña: 53,5 Km
A Ferrol: 6 Km






Breve descrición histórico-xeográfica

O Concello de Fene é un dos máis densamente poboados da Ría de Ferrol, debido ó alto grao de desenvolvemento acadado nos momentos máis alxidos da construcción naval.

A poboación foi medrando ó compás da súa economía; fíxoo fundamentalmente a raíz da fundación de ASTANO en 1941, empresa que comeza construíndo pequenos barcos pesqueiros de madeira, medrando rapidamente para pasar a especializarse, a partir de 1963, na construcción de petroleiros de 300.000 toneladas.

A reconversión do sector naval trouxo consigo a desaparición de Astano como estaleiro constructor de buques, pasando a dedicarse á producción off-shore, a segregación de IMENOSA (empresa dedicada ós bens de equipo) e a desaparición da industria auxiliar que vivía ó abeiro deste sector. Doutra banda, a reconversión traduciuse no considerable aumento do número de desempregados ( a taxa de paro da comarca é a máis elevada de Galicia). As ocupacións fundamentais da poboación son as seguintes: agrícola-gandeira (6,97%), pesca e marisqueo (0,72%), industria (48,53%), construcción (7,43%) e servicios (36,53%).

Os materiais que compoñen o solo inflúen na determinación do tipo de relevo: mentres que o sector occidental é de predominio de xistos, o oriental é de granito, e así, cara á costa, encontramos unhas formas de relevo a base de suaves outeiros que van descendendo cara ó mar formando unha grande degradación que vai desde Astano ata a base de Montefaro, xa no veciño concello de Mugardos. É unha zona que non supera os 200 m. de altitude e é onde se encontra a maior parte da súa poboación. Cara ó interior o relevo faise moito máis infesto e o granito presenta algunhas alturas considerables nos montes de Marraxón cos seus 359 m, onde ríos coma o Magalofes ou o Sillobre encaixan formando saltos e cadoiros.

Os datos históricos de Fene non son máis numerosos en épocas pasadas; no ano 1044 aparece mencionado nunha escritura privada e no 1100 aparecen os nomes de Xoán, párroco de Sillobre, e Ordoño de Fene nun preito entre Santiago e Mondoñedo pola posesión do Arcipestado de Bezoucos. A verdade é que a historia de Fene vai moi unida á de Ferrol sobre todo desde a súa fundación como cidade departamental no século XVIII.

Sobresaíron, a comezos de século, as iniciativas culturais vencelladas ás sociedades de emigrantes.


Volver ó comezo.

Monumentos de interese:

  1. Prehistóricos
    Petroglifo de Marraxón (Sillobre)
    Mámoa do Campo da Arca (Barallobre)
    Campo de Mámoas do Monte Marraxón (Sillobre)
    Castros de Orra (Sillobre), As Pías (Fene), Cardoeiro (Perlío), Pena do Castro (Barallobre), Prismos (Limodre), As Escadas (Maniños), O Castro (Magalofes).

  2. Eclesiásticos
    Igrexa de San Salvador de Fene, con torre do século XVII.
    Igrexa de San Salvador de Maniños, século XVII.
    Igrexa de Barallobre, século XVII.
    Igrexa de Sillobre, século XVII.

  3. Arquitectura Civil
    Ponte Medieval sobre o Río Belelle (Sillobre)
    Momumento ó Camiñante Descoñecido (Barallobre), ano 1934, reinaugurado nunha nova ubicación no ano 1984. Conta cunha biblioteca ó aire libre nos propios xardíns.
    Numerosas edificacións de estilo colonial espalladas por todo o Concello.
    Escolas creadas polas Sociedades de Emigrantes en Fene (Concepción Arenal), Maniños (Curros Enríquez) e Limodre (Hijos de Limodre).
    Casa do Concello, obra de Alberto Campo Baez, 1984 (Fene).

  4. Museo do Humor


Volver ó comezo.

Praias

Na Ría de Ares, na parroquia de Limodre, Almieiros, Río Castro e Río Sandeo.


Outros lugares de interese:

A Comisión de Cultura, Xuventude, Ensino e Deportes organiza, durante a primavera-verán, diferentes rotas a pé por todo o Concello. Para maior información, dirixirse ó teléfono 981-340366


Volver ó comezo.

Actividade cultural e deportiva

Durante todo o ano ten lugar no noso Concello unha intensa e estable programación cultural e deportiva organizada tanto polo Concello coma polas diferentes sociedades fenesas. Para unha maior información, dirixirse ó teléfono 981 - 340366.


Volver ó comezo.

Composición da Corporación Municipal

Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso

Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG)
D. Xosé María Rivera Arnoso
D. Andrés González Vizoso
D. Francisco Allegue Tenreiro
D. Xosé María Permuy Martínez
D. Xusto Oreona Blanco
Dª. María Alicia Martínez González
D. Xosé Anxo González Tomé
Dª. Ana Isabel Santiago López
D. Manuel Vicente Pico Sanmartín

Grupo Municipal do Partido Popular (PP)
D. Antonio García Riero
D. Alberto Otero Yáñez
Dª. María Luz Dopico Grueiro

Grupo Municipal do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE)
D. Manuel Anxo Rodríguez Carballeira
D. Xoán López Alonso

Grupo Municipal de Esquerda Unida (EU)
D. José Manuel Prieto Ulfe
D. Xosé Manuel Castro Sánchez

Grupo Municipal de Candidatura de Independentes por Fene (CIF)
D. Xoán Alberto Vázquez Meizoso



Volver á Páxina da Muller .