A primeira edición do Sempre en Galiza saíu do prelo o 10 de marzo de 1944. A obra de Afonso D. Castelao permanece como referencia básica do nacionalismo galego e cobra nova actualidade entre quen desexamos superar os estreitos marcos de autogoberno que teñen limitado ata agora as nosas aspiracións de liberdade nacional.

O 2 de xullo de 1944 milleiros de persoas congregáronse en Bos Aires para escoitar e homenaxear a Castelao logo da edición do Sempre en Galiza. 60 anos despois queremos poñerlle voz ás súas ideas coa lectura pública das páxinas que mellor recollen o soño dunha Galiza universal por plenamente libre.

Ponlle a túa voz ao Sempre en Galiza.
Pásate o día 2 de xullo pola Casa Galega da Cultura de Vigo, na Praza da Princesa s/n.


Para facilitar a organización do acto recomendamos que nolo comuniques antes do 30 de xuño enviando os teus datos a través do seguinte formulario:

Nome
Apelidos
Teléfono
email
Horario de preferencia 
(entre 10 e 22 h.)

Pechar