| Regheifa do mariñeiro encallado | ||
![]() |
rimeiro foron as vacas aghora é o fletán(e) por moito que nos limpemos non nos loghran sanear(e) Ai malpocados de nos(e) que pecado cometemos non nos deixan faenar(e) e outro oficio non sabemos O peixe non é proghreso o peixe non ten futuro e o que antes nos pescamos outros meten no bandullo Disque non lles interesa que a pesca non é europea pero eles van ó mar(e) e nós quedamos en terra Quen nos mandaría a nos(e) meternos nesta xuntanza se temos que hipotecar(e) os barcos e a labranza A industria vai p'outras partes e os ghobernantes de festa non temos quen nos ampare isto xa está que rebenta Ai Ghalicia rumorosa non te deixes manghonear(e) colle o timón da túa sorte bota o barco a naveghar(e) |
|
| M.R.C. Enviado por John Hallet | Volver a Mil Primaveras | |