eiga xurdiu do río unha noite.
Eran os seus ollos
grandes, escuros e fondos,
e era o seu mirar soave.

Corremos da man pola orela
e xogamos na auga,
acochados pola escuridade.
Collín entre os dedos
o seu longo e negro cabelo mollado.
Percorrín a súa pel
(¿sería un sono... ?), a súa pel de lúa.
Axuntamos os alentos
e tomei dos seus beizos
un solimán namoreiro.
Acodiron as suores
e bebín das súas entranas máis fondas
unha brebaxe de amor.
Meiga marchou pola mañanciña,
foise ó mesmo tempo que a lúa,
paseniño, paseniño...
sen ferir o corazón,
ata que se esvaeu entre a brétema.

Xoán Xosé Mato
Valladolid, 6 de agosto do 92

Enviado por Alberto Álvarez Lugrís

Volver a Mil Primaveras