Letras 97 |
![]() |
|
| v | O novo é o que se anova Houbo quen ó aventurar un mundo dixital deu por pasados os libros conforme se entenderon ata agora. E dabofé que as novas produccións literarias deben ter en conta os novos medios se queren responder ao seu tempo. Pero... que facemos coa vella literatura, a de antes da chegada destes novos medios que cambian, irrevocablemente, o mundo? Vieiros, a comunidade galega, aquelas e aqueles que día a día construímos o ciberespacio, a ciberseara galaica, queremos demostrar que os nosos clásicos non só van seguir vivos na sociedade do futuro, senón que os novos medios axudarán á súa difusión e a descubrir outras formas de lectura e creación máis ricas, máis plenas, máis libres. Fole representa a Galicia máis tradicional. A Lus do Candil, a súa obra primeira publicada, é unha ollada ó máis profundo da sociedade galega. Un mundo que viu a súa propia transformación, nalgúns casos necesaria -como en todo proceso evolutivo- noutros debida a imposicións que é preciso corrixir. Non é obxectivo noso idealizar un mundo, nin identificar un tempo e un espacio determinados coa única e máis pura das formas galegas. Galicia é moito máis: desde o bruar dun trailer nunha autoestrada ata o barullo calado da auga nunha braña.
Mais é obriga aprender do que mellor mantivo e nos soubo transmitir
o alento do noso ser. E sermos conscientes de que, na nova sociedade
que ha vir, moitas das claves, das solucións, moito do que somos,
do que ha facer de nós un pobo firme no mundo, déunolo esa paisaxe,
esa loita, ese traballo, ese universo que agora nos toca divulgar,
ampliar e mellorar...
Entrar á versión ciberespacial e hipertextual.
Agradecementos |