As Letras Galegas en Alemaña




v O Centro Galego de Hannover celebra por vez primeira o Día das Letras Galegas. Os actos centrais van ter lugar o domingo 18 e consistirán nunha conferencia sobre Anxel Fole a cargo dun dos membros da Xunta Directiva do Centro e nun percorrido polo "Especial Letras Galegas" de Vieiros.

Segundo nos informa Alberto Puente, o Centro Galego utilizou a Rede para recabar información sobre a obra de Anxel Fole e a volverán a utilizar o día 18 tanto para coñecer como se está vivindo esta data noutros Centros Galegos coma para ve-las diferentes colaboracións que conformen o especial de Vieiros."




Volver A Vieiros / Volver ao Día das Letras