 |
Un
ano máis, reproducimos o texto máis traducido da literatura galega. Un
breve fragmento en que Cunqueiro expresa os seus desexos de futuro para a nosa
lingua. Un texto en que implicitamente se dá a chave do valor que a literatura
ten como configurador do núcleo ideativo vital para a sobrevivencia dunha lingua. Se
coñeces alguén que poda enviarnos a traducción a algunha lingua non
recollida na extensa lista que
presentamos, non dubides en comunicárnolo.
Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".
|