E


Imaxe
Especiais anteriores


O 17 de maio é unha data importante no labor de Vieiros. Nesta cuarta edición, presentámosche todas as anteriores cos seus contidos íntegros, xa que pensamos que son de grande interese e variedade. Compróbao visitándoas se non as coñecías aínda.

1996: Mil Primaveras Máis foi o nome escollido para o primeiro especial preparado por Vieiros para conmemorar o Día das nosas Letras. Ferro Couselo protagonizou ese ano a festa da literatura galega e nós achegamos o nos gran de area no espallamento da súa figura. Igor Lugrís, Ramiro Fonte, Suso de Toro, Xaquín Marín, foron algúns dos colaboradores que cederon poemas, contos e ilustracións para a súa publicación, complementando os contidos específicos sobre Ferro Couselo e as seccións que consolidariamos nos anos seguintes. Salientamos entre elas a traducción a numerosos idiomas do texto de Cunqueiro que dá nome á páxina.

Día das Letras 97: O especial deste ano, protagonizado por Ánxel Fole, contou con significadas colaboracións como a de Xelis de Toro, Fernández del Riego e Rafa Villar, entre outras. Tamén incluiu estudios monográficos sobre a obra de Fole e o seu contexto, e presentamos o primeiro conto interactivo galego que pode ser baixado da rede. Todo isto ao lado da sección Mil primaveras máis con novas traduccións, e outras xa presentes na edición anterior.

Día das Letras 98: O ano pasado, por segunda vez (no ano 80 fora Afonso X), o 17 de maio serviu para lembrarmos os tempos en que a nosa lingua, a nosa literatura e, en xeral, a nosa cultura estaban normalizadas. Unha viaxe virtual ao século XIV a través de tres autores líricos: Meendinho, Martim Codax e Joham de Cangas. Como sempre, os contidos incluíron seccións dedicadas á lingua, o convite á participación do visitante e ligazóns con outras páxinas sobre a literatura medieval, incluído o Congreso Virtual A lingua das cantigas, coelaborado por Vieiros. O texto Mil primaveras máis aumenta de novo o número de traduccións aos máis exóticos idiomas.


Ir arriba | Portada | Axenda de actos | Historia do 17 de maio | Letras na rede | Mil primaveras máis | O xornalismo galego | Pola lingua que nos une