| ARES |
17 de maio
XI Concurso do Día das Letras Galegas, dirixido aos máis novos: debuxo ao aire libre. Exposición de artesanía, libros e discos Organiza: Concello de Ares |
15 de maio 20.00 horas
Actuación do grupo tradicional Xistra de Coruxo Organiza: Concello de Ares |
16 de maio 20.00 horas
Presentación do disco de Susana Seivane
Organiza: Concello de Ares |
23 de maio
Inauguración da exposición fotográfica de Maribel Longueira sobre a situación en Cuba, que inclúen textos de escritores galegos.
Organiza: Concello de Ares |
| |
| BARCELONA |
17 de maio 13.00 horas
Conferencia de Margarita Ledo Andión,
profesora na Facultade de Xornalismo na Universidade de Santiago de
Compostela
Lugar: Facultat de LLetres. Edifici B, Universitat
Autónoma de Barcelona. Bellaterra (BCN)
Organiza: Secció de Gallec -Lectorado. Departamento
de Fil. Francesa i Románica |
| |
| BOS AIRES |
14 de maio
"Día das Letras Galegas", homenaxe ao
poeta, escritor e xornalista galego, Roberto Blanco Torres.
Lugar: Teatro Castelao
Organiza: O Instituto Arxentino de Cultura Galega,
dependente do Centro Galego de Bos Aires |
Todos os xoves de 19 a 20:30 horas, a partir
do 6 de maio
Ciclo de conferencias do profesor Higinio
Martínez Estévez "De relixión e mitoloxía
céltica (a la luz dos documentos galegos)"
Lugar: Aula "Otero Pedrayo" do Centro Galego |
Sábados 15, 22 e 29 de maio
Os grupos musicais que participarán son:
Folk Celta (conxunto do Centro Galicia de Bos Aires); Bran (folc
fusion); The Shepherds (irlandés); Kells (folk-celta); S.A.P.A
(escocés); Conxunto Pelayo (do Centro Asturiano de Bos
Aires).
Lugar: Teatro Margarita Xirgu (Chacabuco 875)
Organiza: Manuel Castro (presidente da Liga Celta de
Arxentina) e Eliseo Mauas Pinto |
| |
| CARBALLO |
14, 17 e 28 de maio 21:00 horas
III Rexoubeo poético e XIX Concurso infantil de pintura. Acudirá o colectivo Letras de Cal e a colección Ablativo Absoluto de Xerais, e moitos, moitisimos rapaces.
Lugar: Praza do concello
Organiza: A. C: Lumieira |
| |
| CUNTIS |
17 de maio
Actos programados pola Real Academia Galega.
11:30: Chegada a Cuntis
11:45: Inauguración dun busto de Roberto Blanco Torres no Parque Público
12:00: Sesión académica extraordinaria e pública que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura do concello de Cuntis. O Secretario dará lectura ao acordo corporativo e, de seguido, intervirán os Académicos Numerarios: Salvador García-Bodaño, Andrés Torres Queiruga e Carlos Casares Mouriño. Pechará o acto o Presidente don Francisco Fernández del Riego.
13:00: Recital poético dedicado ao homenaxeado |
| |
| FENE |
15 de maio a partir das 20.00
Misa en galego na Parroquia do Divino Salvador
de Fene, logo conferencia de Carlos Casares sobre "As Letras Galegas
hoxe", logo música dos grupos Repique na vrea e Venela, e a
continuación, Cantigas da Terra.
Organiza: Círculo Mercantil e Industrial Unidade de
Fene |
16 de maio
Quinta edición da Milla Urbana, que prevé a participación de catrocentas persoas. |
17 de maio 20.00 horas Actuación das corais de O Pote de Maniños, Agarimo de Sillobre e Toxos e Froles de Ferrol. |
19 de maio Conferencia a cargo de Alexandre Ripoll na Axencia de Lectura da sociedade. |
22 de maio Concerto de Corais.
Organiza: centro de promoción social de San Valentín dedicará unha semana enteira ás nosas Letras.
Ciclo musical dedicado a Blanco Torres |
29 de maio Concerto de Corais. Actuación das corais do Centro de Promoción Social de San Valentín e Areas do Mar de Ares.
|
| |
| GOTEMBURGO (Suecia) |
28 de maio 20.00 horas
1) Cea. 2) Actuacion do grupo sueco
Falsobordone que interpretara temas do seu primeiro disco adicado
ás Cantigas de Santa María.
Lugar: Bryggaregatan 1
Organiza: A Irmandade Galega de Gotemburgo |
| |
| LALÍN |
14 de maio
Recital poético de personaxes da cultura desta comarca.
Organiza UXT |
| |
| LUGO |
17 de maio 12.00
Concerto de Música Galega a cargo da Banda Municipal, reparto de balde (nas rúas) de 2.000 libros de Blanco Torres e actuación de grupos folclóricos.
Lugar: Praza Maior
Organiza: Concello de Lugo |
| |
| MADRID |
14 de maio 19.30
Conferencia do poeta e crítico literario
Miro Villar: "Sobre orvallo da media noite de Roberto Blanco
Torres".
Lugar: Salón de actos da Facultade de
Filoloxía da Universidade Complutense
Organiza: Casa de Galicia-Titulación de
Filoloxía románica da Universidade Complutense de
Madrid. |
17 de maio 19.30
Presentación do número II de
"Madrygal. Revista de Estudios Galegos", a cargo de Xosé
Ramón Pena, profesor de lingua e literatura galega, poeta e
crítico literario.
Lugar: Salón de actos da Facultade de
Filoloxía da Universidade Complutense
Organiza: Casa de Galicia-Titulación de
Filoloxía románica da Universidade Complutense de
Madrid. |
13, 14 e 15 de maio de 10.00 a 20.00
Exposición de Castelao
Lugar: Centro Galego de Madrid
Organiza: Asociación Cultural Vencello. |
15 de maio 19.00 horas
Conferencia de Francisco Rodríguez sobre
a figura de Castelao co título "Pensamento político de
Castelao hoxe", como remate da anterior exposición.
Lugar: Centro Galego de Madrid |
16 de maio 12.00 horas
Ofrenda floral á estatua de Castelao,
tamén para recordar a memoria de Blanco Torres. Logo un xantar
nun restaurante da zona.
Lugar: Parque Breogán de Madrid (Detrás da
Praza de Ventas)
Organiza: BNG |
17 de maio 18.00 horas
Conferencia por parte de Francisco Rodríguez.
Lugar: Escola Oficial de Idiomas (Departamento de Galego) |
17 de maio 19.00 horas
Recital poético galego cos poetas do
Grupo Bilbao; participarán Fermín Bouza, Vicente
Araguas, Manuel Pereira e Xavier Frías.
Lugar: Ateneo de Madrid |
| |
| MONFORTE |
14 de maio
Conferencia sobre Blanco Torres e concerto a cargo do grupo folc Maruxía de Rubín.
Organiza UXT. |
| |
| NEDA |
18 e 21 de maio
"Campaña de animación á lectura"
Día 18: Charla da autora de narrativa infantil Fina Rouco.
Día 21: Charla do director da revista Fadamorgana, Antón Neira Cruz. |
| |
| NEGREIRA |
17 de maio, as 20:00 horas
Entrega de premios do XVIII Concurso de Contos Infantis e do III Concurso de Narrativa Xuvenil, coa actuación do mago Juluga.
Lugar: Auditorium da Casa da Cultura de Negreira (A Coruña) |
| |
| PONFERRADA |
17 de maio 19.00
Debate con escritores galegos e bercianos,
entre os que se encontra Jaureguízar.
Lugar: Casa da Cultura
Organiza: Colectivo Fala Ceibe. Máis información: Xabier Lago Mestre (923 232538) |
| |
| PONTEDEUME |
17 de maio
Mostra de cerámica e bordado da Escola Obradoiro.
Organiza: Unidade Veciñal Olmo. |
19 de maio Exposición sobre o traxe galego de todas as comarcas en miniatura.
Organiza: Unidade Veciñal Olmo. |
22 de maio Degustación de queimada.
Organiza: Unidade Veciñal Olmo. |
| |
| PONTEVEDRA |
14 de maio
Recital poético e de contacontos.
Organiza UXT |
| |
| RÍO DE XANEIRO |
17 de maio
Eventos organizados na Universidade do Estado de Rio de Janeiro (UERJ), polo Proxecto de Estudios Galegos da facultade de filoloxía, que empiezan ás 16:00 con palestras sobre a literatura galega e remata co a presentación do grupo folklórico "Arraial", da Casa de España de Rio de Janeiro, ás 19:30. Máis informacións no PROEG, na facultade de filoloxía (11 andar, uerj)
|
| |
| SANTIAGO |
12 de maio 12.00 horas
Correlingua 99, carreira pola lingua que
percorre toda a zona vella de Santiago.
Lugar: Praza da Quintana
Organiza: Coordinadora de Equipos de Normalización
Lingüística de Santiago, co apoio da Mesa, O Galo e o
Concello de Santiago |
12 de maio 11.00 horas
Actividade: Conferencia de Suso de Toro sobre "A literatura
e a vida"
Lugar: Salón de Actos do Hospital Provincial. Conxo
Organiza: Aula de Educación de Adultos do Psiquiátrico de Conxo |
12 de maio 12.00 horas
Lugar: Salón Nobre do Colexio Fonseca
Acto literario do Día das Letras Galegas
da USC. Abre e pecha o rector Darío Villanueva, e
interveñen Juan L. blanco Valdés e Rosario
Álvarez, ademais dunha conferencia a cargo de Xesús
Alonso Montero sobre Blanco Torres.
Organiza: Aula de Educación de Adultos do Psiquiátrico de Conxo |
14 de maio 12.00 horas
Xornada "Novas Voces da Poesía Galega", recital.
Lugar: Consello da Cultura Galega
Organiza: Consello da Cultura Galega |
15 de maio
Conferencia do autor do libro Blanco Torres, Xornalista e Poeta. Actuación do Coro Toxos e Froles.
Organiza: Hipercor.
Entrega de premios do I Concurso de Cartaces Letras Galegas.
Organiza: Asociación Galega de Editores. |
17 de maio 12.30 horas
Concentración baixo o lema "O galego,
língua viva", co obxectivo de recuperar o espírito
máis reivindicativo do 17 de maio. Darase lectura a un
manifesto a cargo de Xurxo Souto.
Lugar: San Domingos de Bonaval
Organiza: A Mesa pola Normalización
Lingüística, BNG, Esquerda de Galicia, CCOO e CIG. |
| |
|
XENEBRA |
22 de maio 20.30 horas
Xesús Alonso Montero fará unha
semblanza da vida e obra de Roberto Blanco Torres.
Lugar: A Nosa Galiza, Sala Ourense
Organiza: A Nosa Galiza |
23 de maio 18.00 horas
Recital de música de Emilio Cao
Lugar: Temple de la Fusterie, Place de la Fusterie - 1204 Genève
|